Trufas de voda

Etiquetas

, ,

100_5167

Fai apenas unhas semanas, asistín a un evento único e sumamente emotivo: a voda de Mary e Juan. Se paseades un pouco polo meu blogue, veredes moitas entradas adicadas a esta parelliña tan querida por min. Ela é a miña mellor amiga…algo máis que unha irmá; e el…pois despois de tanto tempo e de tanto aguantar que lle dea a lata…podo consideralo tamén algo máis que un cuñado!

Dende que anunciaron que se casaban alá polo nadal…estiven agardando que chegase o día con moita ansia. Saber o que para ela significaba dar o si quero e ver as ganas que tiña de que chegase o día, bastaba para que eu estivese ilusionada. Ademáis, o feito de que este paso tan importante o vaia a dar con un home que de seguro a vai facer sumamente feliz; incrementaba a miña ledicia ó 200%.

Seguir lendo

Madalenas de laranxa con pebidas de chocolate

Etiquetas

, ,

20150226_213326Hai veces que como diría miña nai…xúntase todo!!! E é que este ano no so se xuntou o entroido co día dos namorados, dia no que fai xa 10 anos naceu miña sobriña Ainhoa…tamén apareceu por sorpresa e sen ser invitado…un catarro deses que fan historia.

Dous días antes do 14 de febreiro espertei con dor de gorxa e compadecéndome de min mesma por ter que traballar un xoves de comadres. Eu, que tiña reservada a miña semaniña de días do 2014 para disfrutar do entroido…e co cambio de empresa quedei sen nada!!!! Ó longo da mañá, á dor de gorxa engadiuselle unha sensación de febre e nas dúas semanas seguintes fun sumando síntomas como a tose ou a conxestión nasal ata o venres pasado; no que farta xa de remedios caseiros e de acudir á farmacia para que me desen medicación que non me facía nada, acudín ó centro de saude onde a miña médica me deu xa outro tipo de drogas algo máis duras.

Seguir lendo

Bica blanca de Laza

Etiquetas

, , , ,

bica

Pasados xa os propósitos de ano novo de seguir unha dieta, rota xa por varias veces a promesa de non volver a comer doce ata baixar os quilos que se subiron no nadal e co ambiente cheirando a entroido…creo que é o momento xusto para compartir esta receita.

Seguro que a estas alturas todos escoitástedes falar do entroido de Ourense…dese triángulo máxico formado por Verín-Xinzo-Laza. Se nunca pasástedes un entroido nestas localidades, recoméndovolo moito. Concretamente o de Laza ainda está na miña lista de pendentes…porque o de ir ó que eles chaman farrapada, onde a xente se lía a tirar farrapos todos embarrados e formigas vermellas axitadas con un pouco de vinagre…. ainda me sigue impoñendo algo de respeto. O que si coñezo bastante é o entroido de Xinzo, onde as rúas se enchen de ledicia, de música e de xente e onde non fai falla ir acompañado, porque con un bo disfraz…todos son amigos!!!!

Seguir lendo

Tronco de coco de nadal

Etiquetas

, , ,

20141224_185337

Esta receita é moi especial para min. Cada vez que vexo este magnífico doce viaxo lnunha máquina do tempo a fai xa demasiados anos, ós días de noiteboa da miña máis tenra infancia. Actualmente, coa excusa de que a miñas sobriñas lles encanta este postre; miña nai faino habitualmente, pero cando eu era unha meniña estaba reservado para a noite de noiteboa.

Cada ano, coma se de un ritual se tratase espertabamos as tres moi cedo para poder axudarlle a miña nai a preparar a mellor cea que puidese existir. O primeiro que había que facer era o dulce de coco e as tres pelexabamos por ver quén facía qué. Antes de comezar o traballo, tocaba ir buscar aquela libreta desgastada na que miña nai anotaba as súas receitas. Sempre nos contaba a historia dun curso de repostería que fixera lembrandose tanto da mestra como da xente coa que estivera e do ben que o pasara.

Seguir lendo

Palmeritas de despedida

Etiquetas

, ,

 

IMG-20141126-WA0010

A elaboración deste postre ten un sabor doce e á súa vez amargo. Prepareino para levar á oficina como detalle de despedida. Despois de case 4 anos o meu tempo en Balidea toca o seu fin.

Facer un resumo desta etapa da miña vida é bastante difícil…cando enviei currículo estaba nunha etapa moi complicada da miña vida… desas nas que precisas poñer terra de por medio, sen embargo non me chamaron ata despois de case un ano; cando o que máis quería era seguir na miña terra e preto dos meus. Pero despois de petar en todas as portas que había en Ourense e escoitar sempre que non tiña experiencia…non podía deixar pasar a oportunidade de obtela.

Adaptarme a Compostela e ó traballo nunha consultora foi moi duro. Vir aquí soa, sen coñecer a ninguén e enfrentarme a un ritmo de traballo consistente en estar moitas horas seguidas coa única compaña do ordenador e como moito da radio, foi unha auténtica tortura. Laboralmente aprendía moito pero a soidade era inmensa. Por sorte pronto coñecín a un súper grupo de café que facía non solo que estivese desexando chegar a traballar senon que me animaban a saír, beber…las cosas de siempre (esto creo que era unha canción non?) .

Seguir lendo

Torta fresca de melocotón

Etiquetas

, , ,

20141026_141803

A miña nai non lle gusta o doce. Cando temos unha celebración proba a torta, pero so un cachiño pequechiño, e para iso dicindo que é moito. O que si parece disfrutar son as tortas frescas, as de xelatina e as de queixo son as únicas que come o trozo completo e non pide unha lámina. Por ese motivo, na miña casa adaptámonos e “sacrificámonos” pola súa causa…e facemos tantas tortas frescas.

Esta torta fíxenlla a semana pasada para celebrar o seu cumpleanos. Unha torta moi suave e moi rica que lle gustou tanto a ela coma a todos nós e que eu comparto con vós para que tamén a levedes a unha ocasión tan especial como para min é o cumple de miña mami. Seguir lendo

Panos de masa follada con cabelo de anxo

Etiquetas

, ,

20141025_235054

Fai uns días, meu pai falaba de doces cun amigo mentres comíamos; comentáballe que o cabelo de anxo é unha cabaza, e que a el lle gustaba moito. Eu miraba para el con cara rara…xa que meu pai o do doce non é algo que lle emocione. De repente el xirouse, mirou para min e comentoume o mesmo que lle dicía ó seu amigo. Non sei  qué cara lle puxen, pero el creu necesario deixarme claro que lle gustaban os doces con cabelo de anxo. Repetiumo varias veces dicíndome gústame moito, de verdade, de verdade que me gusta moito.

Esta semana pasada o pobre púxose maliño, con un lumbago que o traía doblado de todo; por iso o sábado antes de ir a casa a velos, decidín comprar un bote de cabelo de anxo e un par de láminas de masa follada (que tamén lle gusta moito e é o complemento ideal de calquera postre), para mimalo un pouco.  Con unha das placas fixen panos e coa outra unha trenza. O resultado quedou un pouco torrado, pola complicación que supón usar o forno de gas butano. Tanto a meu pai como a toda a familia nos encantou o doce. Outro postre sinxelo, rápido e exquisito para engadir á colección.

Seguir lendo

New York Cheesecake

20140716_075142

Este ano polo meu aniversario, animeime a facer un picnic cos compañeiros de traballo, que todas as mañás amenizan os meus 20 minutos de parada para café; e coa xente que mellor me cae da empresa.

A idea tivo unha moi boa acollida entre todos os invitados. Cada un deles aportou algo á mesa e entre todos pasamos unha tarde xenial. O tema de postre estaba complicado…despois de botar meses ensinandolles fotos do que fago e poñéndolles os dentes largos por non poder probar nada, decidirme por un postre era bastante complicado. Para tratar de unir todos os gustos optei por unha receita que tiña moitas ganas de probar e que é raro que a alguén non lle guste: NEW YORK CHEESECAKE!!!

Seguir lendo

Torta de queixo Isabel

Etiquetas

, , , ,

20140720_154900

Cando comeza a chegar o verán e aparece a calor…como que apetece máis de sobremesa unha torta de queixo que unha con biscoito. Bueno, se somos sinceros unha boa tarta de queixo apetece en verán e en inverno, sobre todo se se pode facer en 10 minutos, sen empregar o forno e sen manchar nin gastar demasiado. E se xa ten o sabor e a textura desta torta…pois fabuloso. Esta receita é un clásico na casa de miña irmá isabel. Unha tarta moi lixeira cun sabor que non deixará indiferente ós amantes das tortas de queixo frías.

Pese a que a receita é de miña irmá Isabel (non sei de onde a quitou ela), a excusa para facer esta torta foi o cumpleanos de miña irmá Elena. Levo xa case dous anos xogando con fondant, e dende que vin o ben que me quedou a primeira torta rematada, cada cumpleanos de familiares e amigos foi acompañado dunha torta decorada con esta pasta doce. Antes de cada evento busco e rebusco para sacar ideas para montar tortas personalizadas. Este ano, para o cumpleanos de miña irmá atopei un deseño que me gustou moito e quixen aprobeitalo para estrear un molde de biscoito de tres pisos que comprara na tenda casa e decorar a torta con fondant. O caso é que o molde resultou ser moito máis pequeno do que eu cría, e para que a torta me saíse ben, non podía rechear o biscoito con nada, motivo polo cal me decidín a facerlle a súa mini torta de fondant so con biscoito e facer unha torta aparte. Como esta torta nos encanta a todos e ainda non estaba no blogue…tirei de libreta de receitas e púxenme ó choio para poder deixarvos esta receita, que sen dúbida se convertirá nun imprescindible para todo aquel que se anime a facela.

Seguir lendo

Torta xeada de Wisky

Etiquetas

, ,

20140608_015526
Todos os anos, miña irmá Elena e máis eu inauguramos o comezo do verán coas festas na Valenzá. Esta urbanización na que ela ten o seu piso e na que eu vivín durante varios dos anos máis felices da miña vida, celebra as festas na honra a San Bernabé…iso ven caendo polo 10 de xuño máis ou menos.

O ritual de todos os anos consiste en invitar a toda a familia a comer á súa casa…e traballar arreo para ofertarlles unha boa paparota antes de ir disfrutar do programa das festas.

Cada ano inventamos algo novo e como ven moita xente e a ela lle gusta ter variedade ata na sobremesa, aprobeito para facer cousas novas para o postre. Este ano tocoulle á famosísima torta xeada de wisky, unha receita que atopei no blogue Atrapada en mi cocina e que me encantou.

Seguir lendo