galletas

Unha tarde apareceu Silvia no piso que compartíamos,contándome que por fin había atopado a receita das chips ahoy. Deixouma escrita nun papel para que a tivese por se quería facela. O caso é que estivo na lista de pendentes ata que por fin me decidín a facelas. Recordo que usei unha das miñas mugs como medida e que saíron moitísimas. Leveinas ó curso de deseño web que estaba realizando onde foron moi aclamadas…ainda hoxe o profesor me pide que lle leve outra remesa. O caso é que están tan ricas como as compradas ou incluso máis…

Ingredientes

  • 3 cuncas de fariña
  • 1 cunca de manteiga
  • 1 cunca de azucre moreno
  • 1/2 cunca de azucre branco
  • 1 culleriña de lévedo en po
  • 1/2 culleriña de sal
  • 1 culleriña de azucre vainillado
  • 2 ovos
  • 1 1/2 cuncas de pebidas de chocolate
  • 1 pizca de sal

Pasos

– Tamiza a fariña e o lévedo e reserva.

– Pon nun recipiente a manteiga a punto pomada cos tres tipos de azucre, o sal e os ovos e bate ata que a pasta sexa homoxénea.

– Engadir a fariña e amasar coas mans ata mesturala por completo

– Engadir as pebidas de chocolate e remover o xusto para que se extendan pola masa.

– Formar as galletas e poñelas sobre papel de forno.

– Cocer as galletas no forno quentado previamente a 200º durante uns dez minutos

Recomendacións persoais

– Se deixa repousar a masa durante dez minutos, esta compáctase un pouco máis e fanse mellor as galletas.

– Facer as galletas pequenas porque o lévedo auméntaas moito de tamaño

– Coas mans húmidas a pasta pégase menos ás mans

Advertisements