tartamelocoton

Cando fago unha torta, galletas ou calquera outra cousa…por norma xeral próboa e xa. Encántame o doce, gústame o chocolate e case todo tipo de tortas; pero se as fago eu…por norma solo as probo. Xa sei que é raro, pero  o meu gusto pola repostería baséase en que o resto da xente o disfrute. Esta torta sen embargo…cada vez que a fago como un trozo e disfrútoa moito. É sinxela e extremadamente rica.

Ingredientes

  • 1 bote de melocotón en almibre
  • 2 ovos
  • 4 culleradas de azucre
  • 200 ml de nata para montar
  • Masa brisa ou quebrada

Pasos

-Poñer a masa brisa nun molde.

-Cortar o melocotón en láminas grosas e extender as láminas ata cubrir a base da masa

-Nun recipiente bater os ovos co azucre e a nata ata que se mesture ben (sen montar).

-Botar a mistura encima do melocotón e meter no forno quentado a 200º.

-Sacar do forno cando se vexa que a masa está cocida e a parte superior ten unha cor torrada.

Recomendacións persoais

-Normalmente as masas traen papel de forno. Se se deixa o papel por debaixo da masa evitaremos que  a masa se pegue ó molde e será máis fácil desmoldar.

Advertisements