Etiquetas

,

A receita destas galletas, saíu dun libro que a miña grandísima amiga Mari me regalou polo meu cumpleanos. Son unhas galletas de nata con un sabor moi rico, ideais para tomar con un café ou con un bo té. A tarde que as fixen, foi a do día que comprei os meus primeiros cortadores de pastas. Esa tarde tiña que recoller á miña sobriña Ainhoa no cole e como estaba chovendo e o de ir ó parque quedaba descartado…decidinme a facelas con ela. A verdade é que disfrutou moito  e cando lle dixen que ía poñer a receita en Internet co seu nome…estaba toda orgullosa. 

Ingredientes

  • 1 cunca de nata
  • 1 cunca de azucre
  • 1 culleriña de bicarbonato
  • 3 ovos
  • Fariña

Pasos

– Poñer a nata nun recipiente co azure e remexer ata que se disolva o azucre.

– Engadir as xemas dos ovos e o bicarbonato e segir batendo.

– Engadir a fariña pouco a pouco ata conseguir unha masa que poida estenderse co rolo. Engadir a menor cantidade de fariña que se poida.

– Co rolo de cociña extender a masa ata que quede fina (incha co bicarbonato) e cortar as pastas (con un cortador de galletas ou un vaso).

– Pincelar as galletas con clara batida.

– Fornear as galletas a 200º ata que queden douradas

Recomendacións persoais

– Esta receita está feita cunha cunca americana e con fariña para repostaría. Este tipo de fariña soe levar bicarbonato, polo que se se usa unha cunca máis grande ou outro tipo de fariña deberemos engadir máis bicarbonato. Se a cunca é máis pequena usar so dous ovos.

Advertisements