Etiquetas

, , , ,

Adoro o chocolate! Para min non existe antollo de doce que non conteña algo de chocolate. Agora será cando a xente diga…a todo o mundo lle gusta o chocolate. Crédeme cando vos digo que non a todo o mundo…existe xente rariña por ahí que non disfruta deste placer de deuses. Este non é o caso do mozo da miña gran amiga Tania. A el encántalle o chocolate e é un dos máis ferventes admiradores dos meus postres. O nome deste blog ven un pouco a causa del, así como o motivo para facer esta tarta. El quería unha tarta con extra de chocolate e esta superou as súas expectativas e as de todo o grupo.

Respecto ó do nome do meu blog, resulta que un dos meus grupos de amizades chámanme de apelativo cariñoso Teixi. Por qué teixi? Pois porque é o diminutivo de Teixeira, o meu marabilloso pobo. Sempre falo do meu pobo e inchaseme o peito, porque é o máis bonito e o máis mellor do mundo; de ahí que usasen o meu diminutivo. Este blog naceu para evitar quedar con eles, levar un postre e pasar dez minutos copiandolle a receta a todos. Un día pensei que se creaba un blog, eles poderían acceder e eu podería ter unha compilación de receitas da que botar man. E aquí estamos…tentando sacar este proxecto adiante.

Ingredientes

  • 3 sobres de callada
  • 250 gr de chocolate negro/fondant
  • 250 gr de chocolate con leite
  • 250 gr de chocolate branco
  • 750 ml  de nata
  • 750 ml de leite
  • 150 gr de azucre
  • 1 paquete de galletas maría
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 chorriño de leite

Pasos

– Triturar as galletas coa manteiga derretida e o chorriño de leite.. Cubrir a base dun molde desmontable coa mistura.

– Poñer nun cazo 250 ml de leite, 250 ml de nata,  250 gr de chocolate negro, 75 gr de azucre e un sobre de callada. Ferver  a mistura remexendo para que non se pegue. Engadir ó molde.

– Repetir a operación cos outros dous chocolates tendo en conta que a mistura de chocolate branco non leva azucre. Botar cada capa unha vez callada a anterior.


Advertisements