Esta volve ser unha das receitas estrela de miña irmá. Dende que probei estas galletas namoreime delas polo sinxelas que son. Gústanlle a todo o mundo e poden facerse en moi pouco tempo, polo que son ideais para esas ocasións nas que se busca algo rápido e efectivo, xa que calquera cousa que teña que ir ó forno ou teña unha elaboración algo complicada…pode torcerse xusto o día que queres que saia perfecto.
Ingredientes
- 1 paquete de galletas maría redondas
- 250 gr de manteiga
- 6 culleradas de azucre
- 2 xemas
- leite
- cogñac
- coco relado
Pasos
– Mesturar con un tenedor a manteiga coas 6 culleradas de azucre e as dúas xemas ata facer unha crema.
– Mollar as galletas en leite con un chorriño de cogñac.
– Facer un sandwich coas galletas remolladas e a crema.
– Unha vez feito o sandwich pasalo por coco relado.