copas2

A vida da moitas voltas…a veces boas, a veces malas; pero sempre caprichosas. Ó largo da miña vida, tiven moitos momentos nos que sentín que debía pechar un capítulo e comezar outro. Nun destes momentos, nos que a miña quería cidade de Ourense se me quedaba pequena e sentía que debía por terra de por medio para respirar; cometín o atrevemento de enviar curriculos a todos os recunchos de Galiza. Levaba xa bastante tempo buscando traballo sen resultado satisfactorio, pero negábame a buscar algo lonxe da miña terra e dos meus amigos. O motivo que me fixo cambiar de idea é o de menos, o caso é que atopei unha oferta na páxina da universidade e enviei currículo. O traballo en cuestión era de programadora informática e ofertaban postos de becaria en Santiago de Compostela. 

copas1

Curiosamente cando me contactaron para a entrevista foi bastante despois de enviar o currículo e xusto no momento en que mellor me atopaba na casa. A idea de ir a Santiago non me tiraba moito, pero sabía que por algures había que comezar a miña carreira profesional; e que a oferta me permitiría coller a experiencia necesaria para poder optar a outro posto; así que fixen as maletas…e xa case vai facer 3 anos que estou na capital.

Adaptarme a vivir en Santiago e sobre todo ó traballo resultoume moi complicado, de feito creo que ainda me sinto de paso en ambos sitios. O que saco en positivo desta época é a posibilidade que me deu de explorar novas receitas e de atopar blogs incribles de xente moi boa. Un destes descubrimentos foron as copas de chocolate de Maria Lunarillos; algo que me abriu un mundo de posibilidades. Ata o momento pensaba que había cousas que había que comprar si ou si, en ningún momento me plantexara se había maneira de facelas artesanais; por iso cando vin esta receta me dei conta de que todo o que me gustaba se asociaba sen remedio a unha receita máis ou menos complicada. Dende ese día cada antollo que tiven acabou con unha búsqueda en google para ver a receita e en moitos casos con unha tarde de repostería con resultados excepcionais!!!!

copas3

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 6 culleradas sopeiras de cola cao
  • 2 culleradas sopeiras de fariña (ben cheas)
  • 3 culleradas sopeiras de azucre
  • 1/2 litro de leite e un vaso de leite
  • Tona montada (para decorar)

Pasos

– Mesturar nun recipiente apto para microondas todos os ingredientes menos a tona e o vaso de leite e mesturar todo coa batedora.

-Meter no microondas 6 minutos a máxima potencia

-Sacar e volver a bater, engadir o vaso de leite e volver a bater.

-Meter no microondas 3 minutos máis.

-Volver a bater e servir en copas individuais.

-Deixar enfriar e decorar coa tona montada ó gusto.

Advertisements