DSC_0372

Este nadal estiven pensando en que os meus regalos deberían ser doces. Encántame preparalos e nunca ven mal unha excusa para preparar cousas novas. Estiven buscando e probando varias receitas típicas de nadal e dándolle voltas á cabeza pensando en qué doces eran típicos de nadal. Chegar ó supermercado e atoparme con miles de caixas de ferrero rocher é o que sempre me fai presaxiar que o nadal está preto, pero non cría que houbese receita para algo dese tipo. Sen esperanza da atopar nada abrin google e busquei a receita. Apareceron ante min bastantes imaxes do que parecían ser uns ferrero  auténticos. O caso é que mirei que non era complicado o procedemento, pero non probei a facelos. 

O día antes de noiteboa paseino con miña sobriña pequena (Uxía). Fomos ó súper e comentoume así como por casualidade…coa clara intención de que lle comprase unha caixa…que lle gustaban os ferrero rocher. Como a ela lle encanta fedellar en na cociña propúxenlle facelos, algo que lle fixo moita ilusión. Unha vez os tiñamos feitos e probados decidimos bautizalos co apelido que temos en común… e así foi como naceron os FERNANDES ROCHER. Foi moi divertido vela promocionandoos na cea de noiteboa!!!

Ingredientes

  • Avelás
  • Crema de cacao (tipo nocilla)
  • Chocolate con leite
  • Galletas tipo barquillo (tipo sandwich de xeado)

Pasos

-Collemos con unha culler de postre unha porción da crema de cacao (debe estar fría) e soterramos unha avelá enteira na crema e con axuda doutra culler moldeamos o interior do bombón formando unha bola.

-Pasamos a bola polas galletas, que teremos feitas po; e gardamos o resultado no conxelador.

-Derretemos o chocolate ó baño María ou no microondas e engadimoslle avelas picadas.

-Pasamos os bombóns pola mestura de chocolate e avelá e gardamos no frigorífico ata que o chocolate solidifique.

Advertisements