• Inicio
  • Algunha cousiña sobre min…
  • Castellano

Receitas de Teixi

~ O meu blogue de receitas!

Monthly Archives: Febreiro 2014

Galletas dameiro danesas

24 Luns Feb 2014

Posted by recetasdeteixi in Galletas, Postres

≈ Deixar un comentario

unnamed

Esta receta naceu da curiosidade…e de uns rapaces daneses que o meu mozo coñeceu a través do traballo. O caso é que un día, paseando polo supermercado, atopamos unha oferta de galletas danesas. O meu mozo sacoulle unha foto para mandarlla ós rapaces daneses. Un deles dixo que xusto as ía facer caseiras coa familia e que estaban moito mellores que as compradas. Unha oportunidade así non se podía deixar pasar, así que insistín en que pedise a receita. O que nos mandou como receita foron uns enlaces a unhas páxinas danesas (escritas en danés) coa lenda…”sorte co google translate”. Google translate non nos axudou demasiado a traducila, sobre todo na parte de cantidades. O que en fariña traducía por tazas, en azucre traducíao por dl e ata ml (dicir que na receita orixinal poñía dl). O caso é que esta fin de semana acordamos facer unha primeira proba. A condición era que eu so fose unha simple observadora, que axudase coa parte técnica; pero tiña que deixarlle a el probar a facer as galletas. O resultado resultou inmellorable. Unhas galletas moito mellores que as compradas Seguir lendo →

Empanada de mazá

04 Martes Feb 2014

Posted by recetasdeteixi in Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

doces, empanada, galego, mazá

DSC_0202

Nunca fun fan de outra empanada que non fose a de miña nai…e a de mazá en concreto non é unha das miñas preferidas…ou iso cría eu! O caso é que un día falando co  meu mozo díxome que lle encantaba a tarta de mazá e púxenme mans á obra a buscar unha receita de tarta, algo que de paso podería aprobeitar porque é o doce preferido de meu pai. Cando xa tiña a imaxe perfecta e ía a probar a facer a receta foi cando me especificou que con tarta quería dicir empanada. Co traballiño que eu levara a buscarlle a tarta ideal!!!! O caso é que unha decidido que ía facer un postre non ía quedar sen facer nada así que busquei unha receta de tarta que se adecuase ós ingredientes que tiña e así naceu a receta de hoxe. Dicir que esa primeira proba lle durou un día escaso do moito que lle soupo. Dende entón está xa gardada como parte do meu repertorio. 

Ingredientes

  • Dúas placas de masa follada
  • 3-4 mazás
  • 1 limón
  • canela
  • azucre
  • mantequilla
  • 1 ovo

Pasos

-Pelar as mazás, sacarlle o corazón e poñelas cortadas en anacos.

-Regar as mazas con zume de limón e engadirlle azucre e canela segundo o gusto de cada un. Remover e deixar macerar durante 10-15 minutos

-Estender unha lámina de masa follada sobre papel de forno (podemos aprobeitar o que ven envolvéndoa) e picala co garfo.

-Botar encima a mazá, sen aprobeitar moito o líquido de macerar e deixando un borde para a unión das dúas capas de masa.

-Poñer uns anacos de mantequilla pequenos encima da maza e a masa follada por enriba.

-Pechar a unión das dúas masas e picar de novo a superior co garfo.

-Pincelar  a empanada con ovo, polvoriñar con azucre por enriba e meter ó forno aquecido a 200º.

Trucos

-Se a textura que se busca do recheo é tipo compota cortaranse os anacos máis delgadiños, se pola contra nos gusta atopar anacos de mazá deberán ser un pouco máis grosos.

-Pódese cambiar totalmente o sabor da empanada cambiando o tipo de mazá empregada. Cambiar a típica golden por unha granny smith daralle un toque máis ácido á empanada.

Artigos recentes

  • Trufas de voda
  • Madalenas de laranxa con pebidas de chocolate
  • Bica blanca de Laza
  • Tronco de coco de nadal
  • Palmeritas de despedida

Comentarios recentes

recetasdeteixi en Trufas de voda
mary en Trufas de voda
Silvia en New York Cheesecake
Silvia Fernandez en Bisocoito de chocolate para…
mary en Flan de queixo e leite co…

Arquivo

  • Setembro 2015
  • Marzo 2015
  • Xaneiro 2015
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Xullo 2014
  • Maio 2014
  • Abril 2014
  • Marzo 2014
  • Febreiro 2014
  • Xaneiro 2014
  • Decembro 2013
  • Maio 2013
  • Xuño 2011
  • Abril 2011
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010

Categorías

  • Biscoitos
  • Bombóns
  • cremas
  • Flans
  • Galletas
  • Postres
  • Roscas
  • Tortas

Receitas de teixi

RSS Feed

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Úneche a outros 3 subscritores

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Receitas de Teixi
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Receitas de Teixi
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...