Etiquetas

, , ,

DSC_0202

Nunca fun fan de outra empanada que non fose a de miña nai…e a de mazá en concreto non é unha das miñas preferidas…ou iso cría eu! O caso é que un día falando co  meu mozo díxome que lle encantaba a tarta de mazá e púxenme mans á obra a buscar unha receita de tarta, algo que de paso podería aprobeitar porque é o doce preferido de meu pai. Cando xa tiña a imaxe perfecta e ía a probar a facer a receta foi cando me especificou que con tarta quería dicir empanada. Co traballiño que eu levara a buscarlle a tarta ideal!!!! O caso é que unha decidido que ía facer un postre non ía quedar sen facer nada así que busquei unha receta de tarta que se adecuase ós ingredientes que tiña e así naceu a receta de hoxe. Dicir que esa primeira proba lle durou un día escaso do moito que lle soupo. Dende entón está xa gardada como parte do meu repertorio. 

Ingredientes

  • Dúas placas de masa follada
  • 3-4 mazás
  • 1 limón
  • canela
  • azucre
  • mantequilla
  • 1 ovo

Pasos

-Pelar as mazás, sacarlle o corazón e poñelas cortadas en anacos.

-Regar as mazas con zume de limón e engadirlle azucre e canela segundo o gusto de cada un. Remover e deixar macerar durante 10-15 minutos

-Estender unha lámina de masa follada sobre papel de forno (podemos aprobeitar o que ven envolvéndoa) e picala co garfo.

-Botar encima a mazá, sen aprobeitar moito o líquido de macerar e deixando un borde para a unión das dúas capas de masa.

-Poñer uns anacos de mantequilla pequenos encima da maza e a masa follada por enriba.

-Pechar a unión das dúas masas e picar de novo a superior co garfo.

-Pincelar  a empanada con ovo, polvoriñar con azucre por enriba e meter ó forno aquecido a 200º.

Trucos

-Se a textura que se busca do recheo é tipo compota cortaranse os anacos máis delgadiños, se pola contra nos gusta atopar anacos de mazá deberán ser un pouco máis grosos.

-Pódese cambiar totalmente o sabor da empanada cambiando o tipo de mazá empregada. Cambiar a típica golden por unha granny smith daralle un toque máis ácido á empanada.

Advertisements