DSC_0187

A miña mudanza a Santiago colleume nun momento no que o que menos desexaba era deixar Ourense. Encántame a miña cidade das burgas e sobre todo encántame a xente que está alí, xente que me viu medrar como persoa e que estivo ahí para compartir tanto os momentos de ledicia como as penurias.

Virme a Santiago supuxo para min un novo cambio. Deixaba atrás todo o coñecido e volvía a comezar de novo nun sitio no que apenas estivera un par de veces de visita. Lembro os primeiros días no traballo, lembro a morriña que sentía e o moito que usaba o teléfono para escoitar algunha voz amiga. Botaba de menos á miña compañeira de piso, os café-caña con Pili, os paseos por Outariz con Mari, as festas dos xoves, as ceas con Tania…e sobre todo botaba de menos ir a buscar á miña sobriña Ainhoa ó cole…

Unha tarde, estando a piques de saír do traballo; Mari comezou a chamarme de forma compulsiva. Preocupoume ver no teléfono 20 chamadas xuntas. Mentres lle devolvía a chamada saín do edificio no que traballaba e atopeime con ela xusto na porta. Explicoume que lle contara a un amigo que tiña morriña de verme e que este se ofertara a levala a Santiago…e alí estaban!!! As visitas de Mari e o seu amigo Juanlu foron continuas a partir daquel día. Case todas as semanas viñan un día a cear comigo e pasar a tarde…algo que nunca vivirei o suficiente para agradecer. O seu amigo…acabou convertendose no seu mozo…e xa fai tres anos que están xuntos.

DSC_0185

E qué ten que ver isto coa torta?Pois resulta que esta torta atopeina buscando recetas con chocolate blanco (a debilidade de Juanlu) para facer de postre nunha desas ceas semanais. Naquel momento vina e pareceume incrible, pero non a fixen ata moito despois, de feito a primeira vez que a fixen foi o ano pasado para o día da nai. O éxito que tivo a receita foi tal que se convertiu na torta estrela do ano pasado. Non había evento no que non se me pedise se podía facer aquela torta tan rica de queixo e fresas e todo o mundo me preguntaba cómo se facía. Dicir que Juanlu tivo a súa persoal o día do seu aniversario e que tamén quedou encantado. 

Ingredientes:

  1. Base
    • 1 paquete de galletas campurrianas
    • Manteiga derretida
  2. Recheo
    • 250 gr de queixo de untar
    • 250 gr de queixo tipo mascarpone
    • 250 gr de chocolate blanco
    • 2 sobres de callada
    • 50 gr de azucre
    • 250 ml de leite
  3. Xelatina
    • 125 ml de auga
    • 100 gr de azucre
    • 100 ml de viño blanco
    • 6 follas de xelatina neutra (unha máis se son moi pequenas)
    • Amorodos

Pasos

-Triturar as galletas ata facelas po, mesturar coa mantequilla derretida e cubrir a base do molde no que vaiamos facer a torta (o ideal son moldes desmontables). Reservar no frigorífico a mestura.

-Poñer nun cazo ó lume o leite, os dous tipos de queixo, os 50 gramos de azucre e o chocolate e remover ata que se disolva todo e non queden grumos. Engadir os dous sobres de callada e mesturar ata que se disolva.

-Unha vez levante fervor a mestura, botala o molde encima da base e meter no frigorífico de novo ata que estea ben fria e sólida.

-Poñer a remollar as follas de xelatina. Poñer nun cazo a lume morno a auga, o viño e o azucre durante uns 10 minutos ata formar un almibre claro.  Engadir as follas de xelatina escorridas, disolvelas no almibre e retirar do lume.

-Lavar os amorodos e cortalas pola metade. Colocalas na torta por encima do recheo, botar unha parte da xelatina (sen que chegue a cubrir os amorodos). Poñer no frigorífico a torta durante uns 10 minutos.

-Pasados os 10 minutos sacar a torta do frigorífico, engadir o resto da xelatina e volver a poñer no frigorífico ata que  a xelatina solidifique completamente.

Notas

– Para a base usaremos a cantidade ne manteiga derretida que faga que a masa de galletas quede compacta. Podemos poñer unha parte de manteiga e outra de leite para reducir a graxa.

– Cando mesturemos a callada para o recheo debemos evitar deixar a mestura a ferver, xa que canto máis ferva máis espesa quedará e o sabor será máis pesado.

– A xelatina debe botarse en dous pasos para evitar que os amorodos queden flotando enriba da xelatina e se peguen ben ó recheo da torta.

Advertisements