DSC_0224

Esta receita busqueina especialmente para meu pai…motivo polo cal a publico hoxe, día do pai. É un postre sacado dunha páxina portuguesa chamada sabores na que hai infinidade de receitas. 

É un postre moi saboroso que a meu pai lle trae recordos da súa terra. Miña tía facía postres deste estilo sempre que iamos a portugal e por iso sei que lle encantan e que con el é un éxito seguro. É un postre fácil e perfecto para as épocas de calor e con so cambiar o sabor das xelatinas teremos un postre distinto cada vez.

DSC_0222

Ingredientes:

  • 3 paquetes de xelatina de distinto sabor
  • 8 follas de xelatina neutra
  • 200 ml de tona
  • 1 bote de leite condensada

Pasos

-Facer as tres xelatinas de cores tal e como indica o paquete. Debemos empregar so un dos sobres, o que ven sendo xelatina para medio litro de auga.  botar cada unha delas nun molde distinto e deixar solidificar.O molde debe ser o bastante grande para que a xelatina quede de uns 2-3 cm de alto

-Montar a tona e mesturar coa leite condensada con coidado para que non baixe.

-Poñer as follas de xelatina en auga. Cando estean hidratadas, escorrelas e mesturalas con duas ou tres culleradas da mestura de tona e leite condensada. Poñer a mestura ó lume ata desfacer as follas de xelatina e mesturalas coa tona.

-Cortar a xelatina de sabores en anacos cadrados e mesturala ben coa tona.

-Botar a mestura nun molde e levar ó frigorífico.

Advertisements