Cando miña irmá Elena (a maior) decide mercar algo para o almorzo, se se achega á zona das madalenas e ve as chamadas “mojicones”; é inevitable que traia para casa unha bolsa deses doces.Por este motivo, cando vin na páxina de Cocinando entre olivos a receita, non puiden evitar gardala para facerlla.
O que máis me chamou a atención desta receta é que non empregaba ningún molde especial para meter os papeis de magdalenas, simplemente os puña sobre a bandexa do forno e xa; algo que para quen non ten máis que 6 moldes de silicona para madalenas, ven moi ben.
Sempre que pensaba en cupcakes ou madalenas tiña o mesmo problema, a falta dunha forma para poñer os papeis; e a certeza de que os 6 de silicona que me regalaran fai anos nun coleccionable eran demasiado poucos para unha fornada de madalenas.
Esta receita certamente non precisa de moldes, xa que a súa masa é bastante compacta e non deforma demasiado o papel orixinal. Pese a espesura da masa, as madalenas quedan moi esponxosas e con moitos buracos por dentro. Eu penso que non se parecen nada ás comerciais…miña irmá di que están moitísimo mellores!!!
Teño que engadir, que aparte da miña irmá; regaleille algunha magdalena ás miñas compañeiras de piso, e unha delas regaloume outros 6 moldes de silicona…AGORA XA NON TEÑO EXCUSA PARA IR A POLOS CUPCAKES!!!!
Ingredientes:
- 3 ovos
- 1 iogur de limón
- 150 ml de aceite
- 500 gr de fariña
- 300 gr de azucre
- 2 sobres de lévedo en po (tipo Royal)
- raiadura de limón
- sal
Pasos
-Coller a raiadura dun limón e o azucre e pasar por un picador ou muiño de café. Podemos coller a cáscara cun pelador e botalo no picador co azucre.
-Mesturar o azucre cos ovos, o iogur, o aceite e un chisco de sal. Bater coa batedora.
-Engadir a fariña e o lévedo (mellor se os peneiramos) e mesturar todo.
-Poñer os papeis para madalenas na bandexa do forno. Colocalos bastante separados, xa que as madalenas vai aumentar o tamaño e se os colocamos moi xuntos pegaranse.
-Encher cada papel ata máis ou menos a metade e botarlle azucre por enriba.
-Meter no forno a 180º durante uns 20 minutos ou cando ó furar con un escarvadentes este saia sen restos de masa.