20130426_150632

É incrible pensar cómo un pequeno xesto casual pode dar como resultado algo tan fermoso como o que me pasou con estas galletas.

O motivo para facer esta receita foi un paseo polo blogue de kanela y limón (cómo non…) e un bote de marmelada de froitos do bosque sen oficio nen beneficio que tiña na despensa. Comecei a tarefa moi animada polo bonitas que eran e polo reto que podía supoñer acadar o obxectivo, pois nunca fixera nada tan complexo.

 

20130426_150541

Á hora de facer os debuxos polos que se vería a marmelada, empreguei distintos marcadores de fondant e un cortador en forma de bolboreta. Cando xa tiña bastantes galletas feitas, pensei que estaría ben poder facer letras, pero ó non ter cortadores; ía resultarme moi complicado. Probei a facer algunha que outra con un coitelo e vin que o aspecto era razonable…e así; con moito pulso e paciencia naceron as que poñen AINHOA. Un regaliño especial que lle levaría á miña sobriña ó día seguinte cando a vise.

O resultado foi totalmente sorprendente…cando viu as galletas co seu nome, meteunas nun tupper ben pechadiño e prohibiulles explicitamente a todos os da casa que as tocasen. Repasaba cada pouco que estivesen todas, e de nada valeu tratar de convencela de que as comese porque se ían estragar; nin de que polo menos deixase comer as que non tiñan as letras do seu nome. A súa resposta era rotunda: ” A tía trouxomas para min e non se tocan!”. Finalmente,as que non se comeron antes de que ela as vise, remataron estragadas…pero a tía quedou moi moi moi contenta…

Ingredientes:

  • 500 gr de fariña
  • 125 gr de manteiga
  • 125 gr de azucre
  • 1 ovo
  • 2 xemas
  • un chisquiño de sal
  • raiadura de limón
  • 1 ou 2 culleradas de auga fría
  • marmelada
  • ovo batido

Pasos

-Mesturamos todos os ingredientes agas a marmelada e o ovo batido e amasamos ben ata formar unha masa.

-Formamos unha bola coa masa (non preocuparse se parece que a masa se espalla), cubrimola con papel tipo film e metémola no frigorífico por duas horas.

-Pasado o tempo de repouso, estendemos a masa con un rolo ata deixala fina e usamos un cortador de galletas para facelas.

– Collemos unha das galletas e clavamos nela un pao de brocheta. pintamos os bordes con ovo batido e poñemos no centro unha culleradiña de marmelada.

-Collemos outra galleta e facemos un corte no centro con outro cortador ou co coitelo, da forma que desexemos. Poñemos a galleta co buraco enriba da galleta coa marmelada e presionamos nos bordes para pegalos. Podemos usar un escarbadentes para prensar mellor os dous bordes, como cando facemos empanadillas e usamos o tenedor.

-Pincelamos con ovo a galleta e metemos ó forno que estará a 180º durante uns 15 minutos ata que vexamos que as galletas empezan a ter cor dourada.

Advertisements