Etiquetas

, , , ,

DSC_0385

Atopei estas galletas no blogue de Gabriela, clavo y canela, buscando en google galletas para facer en san Valentín. A verdade é que foi amor a primeira vista, e tiña claro que tiña que facelas canto antes.

Para poñervos en antecedentes, contareivos que  día de San Valentín ten un algo moi especial para min dende fai xa varios anos; concretamente dende aquel 14 de febreiro de 2005 no que recibín unha chamada de teléfono ás 7 da mañá, para contarme que Ainhoa acababa de nacer. Dende aquel día no que me namorei daquela meniña tan pequeniña e fermosa…san Valentín será sempre un día moi importante.

 

DSC_0382

Este ano estaba en Ourense por esas datas, así que lle propuxen a Ainhoa facer entre as dúas estas galletas tan bonitas de agasallo para as súas profesoras. Empezou con moito furor, pero ó ver que levaban algo de traballo…deixoume soa enseguida e marchou ver a tele. Qué vaga nos naceu!!!

Con axuda e sen ela…quedaron unhas galletas moi lindas e saborosas e as súas profesoras quedaron encantadas.

 Ingredientes:

  • 200 grs de manteiga a temperatura ambiente
  • 120 grs azucre
  • 1 ovo
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla
  • 300 grs de fariña
  • 1 pizca de sal
  • Cacao en po (o meu marca valor desgrasado)
  • colorante vermello

Pasos

-Colocar nun recipiente a fariña e no centro a manteiga en dados, o azucre o sal o ovo e a esencia de  vainilla. Mesturar coas mans ata conseguir unha masa uniforme.

-Dividir a masa en 3 partes, unha deas que sexa a metade de cada unha das outras.

-Á parte máis pequena engadirlle colorante vermello en xel e mesturar ata deixar a masa vermella.

-Á unha das partes grandes  engadirlle o cacao en po a gusto e mesturar ata deixar a masa chocolatada.

-Envolver as masas en papel film e poñer no frigorífico durante unha hora aproximadamente.

-Sacar a masa do frigorífico e montar as galletas. Para isto con un cortador cuadrado facer as  galletas de cor blanco. Poñer facendo os cadros as tiras de masa de chocolate. Co cortador en forma de corazón cortar o centro da galleta e cortar co mesmo cortador unha galleta de cor vermella. Meter a galleta de cor vermella no oco da galleta blanca e fixar a galleta cos dedos.

-Meter no forno encima de papel sulfurizado a 160º, ata que empecen a dourarse nas esquinas.

-Se queda ainda masa, poden usarse outros deseños.

DSC_0388

Advertisements