Cando vin a receita deste biscoito no blogue de kanela y limón, mostreime escéptica respecto ó sabor que podería ter un biscoito feito con esta bebida. Unha vez feito e probado, estou totalmente convencida de que se convertirá nun habitual no meu recetario. Ainda que o primeiro bocado resulta raro, polo intenso sabor a baileys; unha vez comido un anaco…o corpo pide máis. Está realmente bo!
A excusa para facer este biscoito, foi o librarme da botella de baileys maldita. Unha botella que tiña dende facía xa algún tempo, e que me traía recordos un tanto extraños; xa que a súa compra foi o inicio dunha noite na que se desencadearon unha serie de acontecementos dignos dunha telenovela ou dunha historia de terror…ainda non decidín moi ven cal delas.
Deixareivos coa dúbida do que aconteceu aquel día, por respeto a toda a xente implicada; e con esta receita, soterraremos xuntos no esquecemento esta pasaxe tan subrealista da miña vida. Morto o can…rematou a rabia, neste caso; rematada e tirada a botella…xa non hai testigos!!!!
Ingredientes:
- 375 gr de fariña
- 250 gr de manteiga (temperatura ambiente)
- 250 gr de azucre
- 4 ovos
- 200 ml de baileys
- Un sobre de lévedo (tipo Royal)
- unha pizca de sal
Pasos
-Bater a manteiga en punto pomada co azucre ata que quede unha mestura cremosa.
-Engadir os ovos un a un sen deixar de bater, deixando uns minutos entre engadir un e o outro.
-Engadir a fariña, o lévedo e o sal tamizados e bater ata que se mesture todo ben.
-Engadir o Baileys e volver a bater.
-Botar no molde para biscoito previamente untado con manteiga e polvillado con fariña (para que non se pegue) e meter no forno, que debe estar a 180º; ata que ó pinchar con un escarvadentes este saia totalmente limpo de masa.