Etiquetas

, ,

DSC_0461

Se hai un producto que me  leva á miña época de pequena, eses son os donuts. Moitas veces comento con miña irmá que agora os donuts non saben como fai anos, ela respóndeme que siguen estando moi bos e que o que pase é que agora os comemos con moita máis frecuencia e por iso os apreciamos menos.

Niso que ela me di ten razón, si é certo que siguen estando bos, pero o que si é  moi certo é que cando eramos pequenas apreciabamos moito máis as galdrumadas, porque non tiñamos tanto acceso a elas. Vivindo nun pobo aislado no medio da serra de San Mamede, ó que viñan de seguido vendedores ambulantes a traernos case todo; meus pais apenas ían ó supermercado. Podían pasar semanas sen que eles fosen a ningures e os vendedores traían cousas de primeira necesidade. 

O día que saían do pobo e pasaban polo supermercado, soían traernos algo. Nunca faltaba un tubo de lacasitos para cada unha e, sempre que había; traían unha caixa daquelas grandísimas de donuts. Duraban un suspiro!!!

DSC_0457

Agora pasou o tempo, e a compañía deixou de comercializar aqueles paquetes marabillosos. Ainda así, cada vez que paso pola zona de doces…os donuts téntanme moitísimo. Son o complemento ideal dun bo almorzo. 

Fai uns anos tratei de facelos, pero o resultado foi desastroso. Cando vin esta receita en cocinando entre olivos, estivo perseguíndome durante moito tempo…de feito comprei o lévedo coa idea de facelos, pero as masas levedadas sen a supervisión de miña nai e sen a súa cociña con esa temperatura tan ideal …non se me dan moi ben. Ó final reunín valor, e velaquí o resultado. O sabor e a textura son espectaculares e a pinta….sensacional. Espero que a disfrutedes.

Ingredientes:

  • 400 gr de fariña de forza
  • 250 ml de leite
  • pel dunha laranxa
  • 1/2 culleradiña de sal
  • 2 sobres de lévedo seco de panadeiro
  • 1 ovo
  • 50 gr de manteiga a temperatura ambiente
  • 50 gr de azucre
  • Aceite para fritir os donuts (mellor de xirasol).
  • 150 gr de azucre glass para o glaseado
  • 3 o 4 culleradas de leite para o glaseado
  • 2 culleradiñas de vainilla para o glaseado

Pasos

-Poñemos o leite coa pel de laranxa a ferver. Apagamos e deixamos atemperar.

-Poñemos nun bol a fariña, o azucre, o sal e o lévedo. Agregamos os ovos batidos e o leite e amasamos.

-Engadimos a manteiga en cachiños e volvemos amasar ata que quede integrada.

-Facemos unha bola e deixamos levar tapada con un paño ata que dobre o volume.

-Unha vez levedada, estirámola co rodillo e con un par de cortadores  ou con un vaso e un tapón  facemos as roscas.

-Poñémos os donuts encima de papel de cociña e volvemolos deixar levedar.

-Unha vez doblaron o volume de novo, poñemos unha sarten con bastante aceite ó lume e imos engadindo os donuts para fitilos. Para que non perdan a forma o mellor é cortar o papel de cociña a redor dos donuts e transportalos co papel ata botalos á sarten.

-Ó retiralos  da sartén poñémolos sobre papel de cociña absorbente para que  saia o exceso de aceite e deixámolos arrefriar.

-Para facer o glaseado mesturamos o azucre glass co extracto de vainilla e as culleradas de leite. Pasamos o donut polo glaseado, solo por un lado; e poñemos a escorrer nunha reixa (poñer algo por debaixo para que o que escorrega non manche a superficie).

-Unha vez seco o glaseado están listos para comer!!!

DSC_0463

Advertisements