Etiquetas

, , ,

DSC_0513

Esta receita saiu do blogue uno de dos. Trátase dunha crema tipo pasteleira que se elabora con zume de cítricos no canto de leite. A súa orixe é inglesa e está realmente boa. Serve tanto para recheos de tartas como para acompañamentos con doces tipo scones, para untar con pan…ou para comer a culleradas. Eu empregueina como recheo da tarta de cumpleanos de miña sobriña pequena, combinada con un biscoito de chocolate que publicarei máis adiante. 

O resultado desta receita é unha crema de sabor a laranxa con un toque de licor resaltando o sabor. Realmente foi toda unha sorpresa para min o sabor, xa que a laranxa non é santo da miña devoción en repostería. Pode facerse con limón e por algún sitio lin que tamén con lima. Espero que vos guste.

Ingredientes:

  • 300 gr. de ovos
  • 200 gr. de azucre
  •  Raiadura de 3 laranxas
  •  300 ml. de zume de laranxa
  •  Raiadura de 1 limón
  •  60 ml. de zume de limón
  •  30 gr. de Maizena
  •  60 gr. manteiga
  •  Un chorrito de Grand Marnier ou coñac

Pasos

-Mesturamos a metade do azucre coas raiaduras e pasamos pola picadora ata que o azucre tome cor laranxa.

-Poñemos nun cazo o azucre coa raiadura e os zumes de laranxa e limón. Deixamos ferver durante un par de minutos ata que forme almibre.

-Batemos os ovos co azucre ata que formen escuma. Engadimos a maizena e seguimos batendo ata integrala e que non teña grumos.

-Engadimos o almibre coado (para retirar a raiadura)á mestura de ovos pouco a pouco sen deixar de remexer.

-Poñemos a mestura a lume morno ata formar unha crema pasteleira. Para iso é necesario non deixar de remover a crema ata que acade o espesor desexado.

-Deixamos que a crema arrefríe un pouco e con ela ainda quente engadimos a manteiga e o chorriño de licor.

Recomendacións persoais

-Pode embotarse e gardarse no frigorífico durante varios días.

Advertisements