
Existe algo mellor no mundo que saber que vas coñecer a unha persoa que é a responsable de que a túa parella vaia polo mundo cheirando a hugo boss??? Unha persoa que polo seu traballo ten acceso a perfumes de todo tipo e que encima os regala como eu regalo un biscoito…ou sexa como se un perfume fose algo sen valor.
Souben da existencia deste ser incrible cando vin na casa do meu mozo un bote de hugo boss de 200 ml. Como me pareceu extraño o formato, preguntei de onde o sacara. A súa resposta foi: creo que mo regalou Carlos, é de 200 porque é formato téster. A miña cabeza comezou a fabricar preguntas á velocidade da luz: Quén é Carlos? Por qué che regala perfumes? Por qué de 200?? Por qué téster???Qué tipo de persoa regala un perfume deses???
Pois ben…resulta que Carlos é un amigo seu de toda a vida, que traballa no mundo da perfumería e que de vez en cando lle regala unha colonia ó meu mozo. Dende o día que souben da súa existencia, cada vez que o nombraba dicíalle que mo tiña que presentar, que eu quería coñecer a alguén que regala perfumes.
Seguir lendo →