Un dos maiores problemas á hora de preparar unha torta é acertar co biscoito. Un biscoito demasiado aceitoso pode facerse forte, se é moi seco non estará moi bo e así un sen fin de problemas. Se a torta é para cubir de fondant…a cousa complícase, xa que os recheos para fondant non poden ser húmidos.
A busca do biscoito perfecto leva de cabeza a case todo o mundo. En cada blogue hai un biscoito que di ser infalible de base para tortas. O que publico hoxe é o biscoito de chocolate infalible de con un toque de azúcar. Non creo que sexa o biscoito de chocolate definitivo para as miñas tortas, pero sen dúbida dos que probei ata o momento é a mellor opción. Un biscoito firme e consistente, con moito sabor a chocolate, que soporta ben calquera tipo de recheo. Mentres sigo coa busca…aquí vos queda este!
Ingredientes:
- 6 ovos
- 300 gr de azucre
- 300 gr de chocolate para fundir
- 300 gr de manteiga
- 300 gr de fariña de trigo
- 2 culleradiñas de lévedo químico (Royal)
- 175 ml de leite
- Esencia ou pasta de vainilla
Pasos
-Cortar o chocolate en anacos, engadirlle a manteiga e fundir a baño maría ou no microondas. Se é no microondas hai que lembrar que hai que sacar o recipiente cada 20 segundos para remexer e evitar que se queime o chocolate.
-Engadimos un pouco de esencia de vainilla ó chocolate e deixamos templar.
-Separamos as claras das xemas. Mesturamos coas xemas o azucre e batemos ata que blanqueen (uns 7-10 minutos).
-Engadimos o chocolate e seguimos batendo.
-Engadimos a metade da fariña e lévedo tamizada e batemos ata integrar.
-Engadimos o leite e seguimos batendo.
-Engadimos o resto da fariña e seguimos a bater.
-Montamos as claras a punto de neve e engadimolas con batedor de man e movementos envolventes á mestura anterior, tentando que non se baixe.
-Meter ó forno que deberá estar a 180º nun molde untado con manteiga e espolvoreado con fariña. Procurar que o molde sexa bastante alto, en caso contrario poñer papel de forno ó redor do molde para que ó subir o biscoito non se derrame.
Enhoraboa polo biscoito. Probei a facer a receita e realmente sae
delicioso tanto para a tarta como para comer so.
Gracias polas receitas.