DSC_0554

Existe algo mellor no mundo que saber que vas coñecer a unha persoa que é a responsable de que a túa parella vaia polo mundo cheirando a hugo boss??? Unha persoa que polo seu traballo ten acceso a perfumes de todo tipo e que encima os regala como eu regalo un biscoito…ou sexa como se un perfume fose algo sen valor.

Souben da existencia deste ser incrible cando vin na casa do meu mozo un bote de hugo boss de 200 ml. Como me pareceu extraño o formato, preguntei de onde o sacara. A súa resposta foi: creo que mo regalou Carlos, é de 200 porque é formato téster. A miña cabeza comezou a fabricar preguntas á velocidade da luz: Quén é Carlos? Por qué che regala perfumes? Por qué de 200?? Por qué téster???Qué tipo de persoa regala un perfume deses???

Pois ben…resulta que Carlos é un amigo seu de toda a vida, que traballa no mundo da perfumería e que de vez en cando lle regala unha colonia ó meu mozo. Dende o día que souben da súa existencia, cada vez que o nombraba dicíalle que mo tiña que presentar, que eu quería coñecer a alguén que regala perfumes.

DSC_0553

Teño unha chea de perfumes na casa, perfumes de prezos que van dende os 5 euros da colonia de vainilla de Ives Rocher ata os 90 que me costou no seu día a Dolce Vita de Dior pasando por unha colección máis que xenerosa de Hugo Boss. Sempre teño unha colonia que uso a diario, que vai cambiando segundo acabo o bote ou me aburro do cheiro e que non supera por norma os 15-20 euros; e unha selección de perfumes que me encantan e que gardo para ocasións especiais.

Cando teño un día no que non me apetece usar o perfume de diario achégome ó meu recuncho de perfumes, observoos durante un tempo e pensó en cómo me sinto ese día ou na impresión que quero causar. Cada un dos que teño acompañan un estado de ánimo ou a unha ou outra vestimenta (Ir de sport cheirando a tresor…como que non queda ben). Unha vez que decido qué roupa vou poñer, empezo a descartar os perfumes que non lle acaen (tamén se ten dado o caso de que ó ver o bote me apetece tanto botar o perfume que cambio de roupa). Cando teño os perfumes que lle acaen á roupa repasoos pensando en como cheiran e no humor que teño ese día e no que espero que ese perfume diga de min, desa criba poden quedar un máximo de 2-3 perfumes. Unha vez teño un abanico de opcións tan pequeno, abro o bote e chéiroos e de ahí sempre hai un que se amosa como o ideal para ese día.

Si, xa sei que son un bicho raro…pero encántanme esas pequenas manías, fanme sentir especial. Sendo obxectiva sei que a xente non vai por ahí formándose opinións a partir do perfume que leva outra xente, pero eu si me sinto dunha maneira ou doutra cando uso un ou outro perfume. Encantame que o meu olor sintonice co meu estado de ánimo.

O caso é que fai unhas semanas o meu mozo envioume unha foto dun perfume de muller e comentoume que Carlos llo dera para min. NON ME COÑECÍA E ENVIÁBAME UN PERFUME!!! Ese foi o detonante definitivo para ir a onde fixese falta para coñecelo a el e á súa muller. Como eles xa escoitaran falar da miña obsesión pola repostería, preguntei qué tipo de doce podería levarlles e o meu mozo suxeriume uns phoskitos. Nada máis falar de phoskitos veu á miña mente a foto da receta de kanela y limón, así que non o dudei nada e púxenme mans á obra. O resultado foron uns cantos phoskitos que viaxaron de Santiago a Vigo comigo, para acompañarme na presentación de Carlos e da súa muller. O veredicto foi que estaban moi ricos, ainda que ben sei eu que o que máis lle gustou foron os cromos que lle levaba aparte, para compensar a carencia que todos os blogs din que teñen os phoskitos caseiros!!!!

DSC_0555

 

 

Ingredientes:

  1. Biscoito
    • 50 gr de leite
    • 50 gr de aceite
    • 4 ovos
    • 70g de azucre
    • 80g de fariña
    • Una pizca de sal
  2. Recheo
    • 100 gr de tona montada
    • 80 gr de leite condensado
  3. Cobertura
    • 200 gr de chocolate para fundir
    • 50 gr de auga
    • 50 gr de manteiga

Pasos

-Poñemos nun recipiente as xemas dos 4 ovos, o leite, aceite, azucre, fariña e sal e batemos co batedor ata que quede todo mesturado.

-Montamos as claras dos 4 ovos a punto de neve engadimosllas á mestura anterior co batedor de man con coidado de que non se baixen.

-Botamos a mestura na bandexa do forno cuberta de papel de forno, estendemola e metémola no forno, que deberá estar a 160º durante uns 15 minutos.

-Unha vez sacamos a plancha do forno botámola sobre un novo papel  deixando o anterior carra arriba. Retiramos o papel que foi ó forno e envolvemos o biscoito sobre si mesmo formando un rolo. Deixamolo arrefriar nesa posición sen tocalo.

-Unha vez frío o biscoito, mesturamos nun recipiente aparte a tona montada co leite condensado. Para isto usar de novo un batedor de man para evitar que se baixe a tona.

-Con moito coidado abrimos a placa de biscoito e engadimos o recheo. Volvemos envolvelo e metémolo no frigorífico durante un par de horas. Podemos cubrilo co papel de forno unha vez envolto para protexelo.

-Unha vez frío, cortamos o biscoito en rodelas grosas (do grosor do phoskito, 1 cm aprox) e poñemos as rodelas sobre unha reixa.

-Mesturamos os ingredientes da cobertura e metemolos ó microondas remexendo moi seguido ata que o chocolate funda e quede unha cobertura brillante e manexable.

-Poñemos un plato debaixo da reixa para recoller o chocolate que caia dos phoskitos e pasamos a botar o chocolate  con unha culler  enriba de cada pasteliño ata que quede ben recuberto.

 

Advertisements