Etiquetas

, , ,




napolitanas

Encántanme as receitas que son tan fáciles que todo o mundo pode ter acceso a elas. Ese tipo de receitas nas que con un par de euros e 15 minutos podes facer algo rico rico. Esta receita de hoxe, aparte de económica e sinxela pode solucionarnos o almorzo neses días nos que nos espertamos con antollo de algo doce e non temos ganas de saír da casa.

As da imaxe xurdiron dun antollo que tiven un dos fins de semana que pasei en Ourense. O antollo naceu de aparcar o coche preto da facultade, xusto diante dunha tenda de galdrumadas na que a súa especialidade eran as napolitanas de chocolate con leite e chocolate branco.Si si, metían na mesma napolitana chocolate con leite e branco e iso dáballes un sabor único. Aparte eran moi grandes e varias veces iamos alí a comer algún destes doces. No momento no que fun a polo coche nin se me acordou mercar un par delas, pero durante o traxecto ata casa de miña irmá non podía deixar de pensar nas napolitanas. Pensei en voltar a mercalas, pero xusto ese día tiña que mercar masa follada no super…así que branco e en botella…tocou cociñar!!!

Para o recheo aparte de chocolate branco e chocolate con leite empreguei unha crema de cacao tipo nocilla. Decirvos que de sabor están moito máis ricas as de nocilla e que son realmente adictivas. Dende que as probei volvín a facelas xa varias veces…e sei de un par de persoas que ainda están esperando a que lles toque unha remesa!!!

DSC_0482

Ingredientes:

  • Placa de masa follada
  • Chocolate ou  nocilla
  • Marmelada de albaricoque
  • améndoas laminadas ou fideos de chocolate para decorar

Pasos:

-Cortamos a placa de masa follada do tamaño que queiramos as napolitanas. Neste caso a placa de lidl corteina ó medio. Unha vez temos a placa cortada marcamos a parte central, a que irá rechea de chocolate doblando en tres a masa como se fósemos facer as napolitanas.

-Botamos a nocilla na parte central ou colocamos as onzas de chocolate.

DSC_0487

-Doblamos os laterais para formar a napolitana.

DSC_0488

-Damoslle a volta e cortamos as napolitanas do tamaño que queiramos.

DSC_0491

 

-Poñemos as napolitanas nunha bandexa de forno cuberta con papel de forno (podese aprobeitar o que ven na placa de masa follada) e metemos ó forno que estará a 180º

-Pasados uns 10-15 minutos, cando se vexa que a masa follada está  cocida e ben dourada, pintamos as napolitanas con marmelada de albaricoque. Para que poidamos pincelar ben, debemos metela uns segundos no micorondas ata que quede líquida.

DSC_0495

-Para decorar podemos usar unhas améndoas en láminas ou fideos de chocolate ou calquera cousa que se vos ocorra.

DSC_0481

 

Advertisements