Etiquetas

, ,

20140608_015526
Todos os anos, miña irmá Elena e máis eu inauguramos o comezo do verán coas festas na Valenzá. Esta urbanización na que ela ten o seu piso e na que eu vivín durante varios dos anos máis felices da miña vida, celebra as festas na honra a San Bernabé…iso ven caendo polo 10 de xuño máis ou menos.

O ritual de todos os anos consiste en invitar a toda a familia a comer á súa casa…e traballar arreo para ofertarlles unha boa paparota antes de ir disfrutar do programa das festas.

Cada ano inventamos algo novo e como ven moita xente e a ela lle gusta ter variedade ata na sobremesa, aprobeito para facer cousas novas para o postre. Este ano tocoulle á famosísima torta xeada de wisky, unha receita que atopei no blogue Atrapada en mi cocina e que me encantou.

20140608_015513

O resultado, como podedes ver; non pode ser mellor. Sei que non a podedes probar…pero xa vos digo eu que nada que ver coa comprada. Esta dalle mil voltas.

Ingredientes:

  1. Base
    • Base de biscoito comprada
    • 50 gr azucre
    • 100 ml auga
    • Un chorro de wisky
  2. Recheo
    • 100 gr azucre
    • 50 gr azucre glass
    • 4 ovos
    • 80 ml leite
    • 6 follas de xelatina
    • 50 ml wisky
    • 600 ml tona para montar
  3. Cobertura
    • 150 gr azucre
    • 5 xemas
    • 1 ovo
    • 150 ml auga
    • 3 follas de xelatina
  4. Decoración
    • 200 ml tona para montar
    • 2 culleradas de azucre glass
    • crocante de améndoa

Pasos

Base

-Preparamos o almibre. Poñemos os 100 ml de auga e os 50 gr de azucre a ferver e unha vez empece a facer burbullas e espesar retirámolo e engadimos un chorro de wisky (a gusto).

-Poñemos a base de biscoito nun molde desmontable (se é maior recortámola co mesmo aro da forma). Empapamos o biscoito co almibre.

Recheo

-Poñemos as follas de xelatina a remollo.

-Montamos os 600 ml de tona cos 50 gr de azucre glass.

-Separamos as xemas das claras dos 4 ovos e montamos as claras a punto de neve con 50 gr de azucre

-Nun cazo poñemos a quentar o leite co resto do azucre ata que estea quente. Retiramos e mesturamos batendo sen parar as xemas, as follas de xelatina e o wisky. Volvemos a poñer ó lume mentres batemos ata que todo quede integrado e a textura sexa coma dunha crema suave. Retiramos e deixamos arrefriar

-Unha vez fría a mestura, mesturámoslle primeiro a tona e despois as claras con movementos lentos e envolventes para que non se baixe.

-Engadimoslle a mestura á base que tiñamos reservada e deixamos no conxelador ata que solidifique todo (mellor dun día para outro).

Cobertura

-Poñemos as follas de xelatina a remollo.

-Poñemos ó lume a auga co azucre ata que estea quente. Retiramos e engadimos as xemas e o ovo removendo. Volvemos poñer ó lume sen deixar de remexer ata que a mestura teña textura de crema.

-Retiramos e engadimos a xelatina ata disolvela.

-Unha vez fría  a mestura engadímoslla á tarta por enriba e volvemos a metela no conxelador ata que solidifique.

Decoración

– Para decorar montamos a tona co azúcre glass e cunha manga pasteleira facemos un borde de tona.

-Na parte central poñemos crocante de améndoa.

Aquí vos deixo unha foto miña e de miña irmá nas festas…para que vexades que non todo foi traballo!

20140607_004445