Este ano polo meu aniversario, animeime a facer un picnic cos compañeiros de traballo, que todas as mañás amenizan os meus 20 minutos de parada para café; e coa xente que mellor me cae da empresa.
A idea tivo unha moi boa acollida entre todos os invitados. Cada un deles aportou algo á mesa e entre todos pasamos unha tarde xenial. O tema de postre estaba complicado…despois de botar meses ensinandolles fotos do que fago e poñéndolles os dentes largos por non poder probar nada, decidirme por un postre era bastante complicado. Para tratar de unir todos os gustos optei por unha receita que tiña moitas ganas de probar e que é raro que a alguén non lle guste: NEW YORK CHEESECAKE!!!
Realmente quedaron todos abraiados coa boa pinta e o ben que arrecendía…todos excepto a miña cordinadora…que debe ser das poucas persoas as que non lle gustan as tortas e queixo…Informáticos…xa se sabe (ainda que non o creades entre a comunidade de informáticos teño atopado ata xente á que non lle gusta o chocolate…SOMOS RAROS POR DEFINICIÓN!). O resto disfrutámola moito, de feito Carlos levouse o pouco que sobrou para casa coa idea de traer un trociño ó día seguinte para unha compañeira que non puido vir. A idea era boa…pero a torta non chegou ó día seguinte…seica estaba moi rica e empezou por comer un anaquiño e acabou con todo….
A receita está sacada do blogue de hoy cocina helen, por onde podedes pasar para vela na súa versión orixinal.
Ingredientes:
- Un paquete de galletas
- manteiga
- 6 ovos
- 2 xemas
- 600 gr de queixo tipo philadelphia
- 500 ml de tona
- 75 gr de fariña
- 200 gr de azucre
- 1 iogurt tipo grego
- marmelada
Pasos:
-Formar unha base de galleta. Para isto desfaremos as galletas ata que queden po e mesturaremolas con manteiga derretida ata que a mestura se poida compactar. Coa mestura cubriremos a base e un pouco do lateral dunha forma desmontable.
-Meter a base no forno uns 10 minutos a 180º e deixar arrefriar
-Nun recipiente mesturamos os ovos, as xemas e o azucre e batemos ben. Engadimos o queixo, a tona, a fariña e o iogurt e batemos ata que estean ben integrados. Engadímos a mestura á forma coa base, que deberá estar xa fría.
-Metemos a torta no forno a 200º durante 10 minutos.
-Cubrimos a forma con papel de aluminio, baixamos o forno a 180º e mantemola a esa temperatura durante uns 60 minutos.
-Pasado este tempo apagamos o forno, abrimos un pouco a porta e deixamos a torta ata que o forno arrefríe por completo e a torta estea a temperatura ambiente.
-Pasamos a torta ó frigorífico e deixamola enfriar ben (mellor dun día para outro).
-Cubrimos a superficie da torta con marmelada de froitos vermellos, mora, fresa ou o sabor que prefiramos e servimos.
Aquí me podedes ver soplando as velas, xa sei que a torta na que están as velas non é a que nos ocupa, pero tanto as velas como a torta foron un regalo. A verdade é que foi un gran día e pasámolo xenial…esperemos que se poida repetir polo menos cada ano!
Ten unha pinta exquisíta a torta, creo que vou animarme a facela, ainda que non consiga o mesmo resultado…seguirei intentandoo.
Gracias polas recetas.
Por certo….. estas guapísima na foto.
Saúdos.