A miña nai non lle gusta o doce. Cando temos unha celebración proba a torta, pero so un cachiño pequechiño, e para iso dicindo que é moito. O que si parece disfrutar son as tortas frescas, as de xelatina e as de queixo son as únicas que come o trozo completo e non pide unha lámina. Por ese motivo, na miña casa adaptámonos e “sacrificámonos” pola súa causa…e facemos tantas tortas frescas.
Esta torta fíxenlla a semana pasada para celebrar o seu cumpleanos. Unha torta moi suave e moi rica que lle gustou tanto a ela coma a todos nós e que eu comparto con vós para que tamén a levedes a unha ocasión tan especial como para min é o cumple de miña mami.
Ingredientes:
- 2 botes grandes de melocotón
- 300gr queixo tipo philadelphia
- 4 sobres callada
- ½ litro tona
- ½ litro leite
- Galletas lotus
- Mantequilla
- 150 gr azúcar
- 5 follas xelatina neutra
Pasos:
-Triturar as galletas e mesturalas coa manteiga derretida. Engadir a suficiente para que a masa quede compacta pero non moi graxa. Formar unha base coa mestura nunha forma desmontable.
-triturar un bote de melocotóns con un pouco de leite. Engadirlle o queixo, o resto do leite, a tona, o azucre, o queixo e os sobres de callada. Mesturar todo coa batedora e levar ó lume ata que comece a levantar fervor removendo continuamente.
-Cortar varios melocotóns (3-4) en anaquiños pequenos. Engadir a mestura na forma por enriba da base de galleta. Para isto alternar capas de mestura e anaquiños de melocotón, e deixar solidificar.
-Para a xelatina poñemos as follas a remollo en auga. Co resto do melocotón, engadirlle algo de almibre e trituralos. Poñer o puré a quentar ata que levante fervor, engadirlle as follas de xelatina e mesturar ata disolvelas. Engadilo á torta e deixar solidificar de novo.
-Para a decoración empreguei letras de chocolate e flores de Dr. Oetker e melocotón en láminas.