Etiquetas
A elaboración deste postre ten un sabor doce e á súa vez amargo. Prepareino para levar á oficina como detalle de despedida. Despois de case 4 anos o meu tempo en Balidea toca o seu fin.
Facer un resumo desta etapa da miña vida é bastante difícil…cando enviei currículo estaba nunha etapa moi complicada da miña vida… desas nas que precisas poñer terra de por medio, sen embargo non me chamaron ata despois de case un ano; cando o que máis quería era seguir na miña terra e preto dos meus. Pero despois de petar en todas as portas que había en Ourense e escoitar sempre que non tiña experiencia…non podía deixar pasar a oportunidade de obtela.
Adaptarme a Compostela e ó traballo nunha consultora foi moi duro. Vir aquí soa, sen coñecer a ninguén e enfrentarme a un ritmo de traballo consistente en estar moitas horas seguidas coa única compaña do ordenador e como moito da radio, foi unha auténtica tortura. Laboralmente aprendía moito pero a soidade era inmensa. Por sorte pronto coñecín a un súper grupo de café que facía non solo que estivese desexando chegar a traballar senon que me animaban a saír, beber…las cosas de siempre (esto creo que era unha canción non?) .
Ese grupo de café foi derivando noutro…e noutro…e noutro a medida que a xente se ía da empresa (por vontade propia ou por invitación), a xente foi cambiando pero a sorte sempre me acercou a xente fabulosa coa que compartir momentos xeniais.
Neste ano de cambios que estou vivindo, no que aprendín a marcar puntos e aparte en moitos aspectos da miña vida, apareceu ante min unha nova oferta laboral. Unha oferta que pode darme a posibilidade de avanzar profesionalmente ou polo menos de coñecer outras maneiras de facer o mesmo. Tras días de meditación valorando pros e contras decidín que quizais era o momento de cambiar…cambio de piso…cambio de look…pois ale…cambiamos todo e comezamos o 2015 a lo loco!!!
Todo isto está moi ben…pero mestúrase coa melancolía de deixar atrás a todo o equipo de Balidea, toda esa xente que me leva soportando durante tanto tempo e que me leva animando a non decaer e a tirar para adiante. Vounos botar moito de menos!!!
Ingredientes:
- Masa follada
- Azucre
Pasos:
-Situar a placa de masa follada sobre unha papel de forno polvillado abundantemente con azúcre
-Polvillar de novo a masa con azucre, poñer máis papel de forno por enriba e pasar o rodillo para que o azucre se pegue á masa (non presionar moito).
-Doblar a masa de fora cara o centro mentres sexa posible.
-Cortar rodelas da masa e colocar sobre papel de forno na bandexa.
-Meter ó forno que estará a 180º ata que se douren.