Etiquetas

, , ,

20141224_185337

Esta receita é moi especial para min. Cada vez que vexo este magnífico doce viaxo lnunha máquina do tempo a fai xa demasiados anos, ós días de noiteboa da miña máis tenra infancia. Actualmente, coa excusa de que a miñas sobriñas lles encanta este postre; miña nai faino habitualmente, pero cando eu era unha meniña estaba reservado para a noite de noiteboa.

Cada ano, coma se de un ritual se tratase espertabamos as tres moi cedo para poder axudarlle a miña nai a preparar a mellor cea que puidese existir. O primeiro que había que facer era o dulce de coco e as tres pelexabamos por ver quén facía qué. Antes de comezar o traballo, tocaba ir buscar aquela libreta desgastada na que miña nai anotaba as súas receitas. Sempre nos contaba a historia dun curso de repostería que fixera lembrandose tanto da mestra como da xente coa que estivera e do ben que o pasara.

Receta en man tocaba poñerse a preparar todo. cada quén tiña claro o que lle tocaba en cada momento…a min mentres fun pequechiña so me tocaba mirar, ainda que se a perrencha era moi grande deixábanme polo menos comer as galletas que rompían e que me sabían a gloria…creo que solo de pensalo podo lembrar ese sabor tan único.

Outra das cousas que sempre recordo cando vexo o postre é a nota que miña nai tiña na súa receita e que rezaba: “cortar al viés”. Facíame moita gracia iso de “viés”…que miña nai moi pacientemente me explicou que era cortar en diagonal, para que se notase capa de galletas e capa de crema de coco.

Unha vez rematado o traballo, solo quedaba esperar pacientemente a que fose de noite para poder botarlle o dente!!! Qué ben sabían as cousas cando non podías permitirte comelas a diario…aquelas ceas con langostinos ó forno e cordeiro asado coronadas con este doce e algún que outro turrón eran moito máis especiais que calquera das opulentas comidas que hoxe facemos na mesma data.

Espero que disfrutedes tanto coma min desta receita familiar que hoxe comparto con vós.

20141225_114616

Ingredientes:

  • 250 gr de margarina (preferentemente Tulipan)
  • 250 gr de coco relado
  • 2 ovos
  • 250 gr azucre
  • 2 paquetes de galletas redondas tipo maría
  • leite con azucre a gusto

Pasos:

-Separar as claras das xemas dos dous ovos. Reservar un pocilliño de coco para decorar.

-Derreter a margarina nun cazo. Engadir o azúcre mover para que se disolva. Engadir o coco e as xemas dos 2 ovos e mesturar todo ben. Quedará unha mestura algo graxa, é normal.

-Mollar as galletas no leite co azucre, para isto metelas pouco tempo en leite para evitar que se desfagan. Engadir á galleta unha capa da mestura de coco e ir pegando as galletas entre si formando un tronco. O tronco quedará con galleta-mestura-galleta-mestura. Reservar unha parte da mestura de coco para cubrir o noso tronco.

-Unha vez rematados os paquetes de galletas, ou cando nos parezca que o tronco está o suficientemente largo, cubrimos o tronco co sobrante da mestura para que quede lisa a superficie.

-Montamos as claras a punto de neve con un pouco de azucre e cubrimos o tronco con elas. Decoramos polvillando as claras con coco relado.