Hai veces que como diría miña nai…xúntase todo!!! E é que este ano no so se xuntou o entroido co día dos namorados, dia no que fai xa 10 anos naceu miña sobriña Ainhoa…tamén apareceu por sorpresa e sen ser invitado…un catarro deses que fan historia.
Dous días antes do 14 de febreiro espertei con dor de gorxa e compadecéndome de min mesma por ter que traballar un xoves de comadres. Eu, que tiña reservada a miña semaniña de días do 2014 para disfrutar do entroido…e co cambio de empresa quedei sen nada!!!! Ó longo da mañá, á dor de gorxa engadiuselle unha sensación de febre e nas dúas semanas seguintes fun sumando síntomas como a tose ou a conxestión nasal ata o venres pasado; no que farta xa de remedios caseiros e de acudir á farmacia para que me desen medicación que non me facía nada, acudín ó centro de saude onde a miña médica me deu xa outro tipo de drogas algo máis duras.