Ourensana de pura cepa, con orixes portugueses divido o meu tempo entre a miña profesión como informática…a cal consume case todo o meu tempo e as miñas vocacións como por exemplo a repostería. Adoro coñecer xente e pasar o tempo cos meus amigos. Teño tres pequenos puntos débiles que son as miñas tres sobriñas ás que quero con loucura e que para a miña desgracia me están facendo vella moi pronto con esa manía que teñen de medrar.
Vivo actualmente en Santiago ainda que o meu corazón pertence á miña serra de San Mamede, onde se ubica o mellor pobo do mundo, un sitio sen stress no que poder desconectar do mundo e coller as forzas necesarias para tirar cara adiante. Da paixón que me desperta o meu pobo (Teixeira) naceu nun pequeno grupo de amigos o nome de teixi. Como estes amigos son uns fans incondicionais da miña repostería e botan a vida pedindo receitas…ó final naceu para eles o blogue recetas de teixi…un vicio que a veces teño abandoado, xa que teño miles de recetas por postear e moi pouco tempo para facelo…pero que pouquiño a pouco vou retomando. Neste blogue podo deixar constancia dos meus intentos de sorprender á miña xente. Pode que non sexan as mellores receitas do mundo…pero están feitas con moito amor e iso é o que conta.