Etiquetas
A elaboración deste postre ten un sabor doce e á súa vez amargo. Prepareino para levar á oficina como detalle de despedida. Despois de case 4 anos o meu tempo en Balidea toca o seu fin.
Facer un resumo desta etapa da miña vida é bastante difícil…cando enviei currículo estaba nunha etapa moi complicada da miña vida… desas nas que precisas poñer terra de por medio, sen embargo non me chamaron ata despois de case un ano; cando o que máis quería era seguir na miña terra e preto dos meus. Pero despois de petar en todas as portas que había en Ourense e escoitar sempre que non tiña experiencia…non podía deixar pasar a oportunidade de obtela.
Adaptarme a Compostela e ó traballo nunha consultora foi moi duro. Vir aquí soa, sen coñecer a ninguén e enfrentarme a un ritmo de traballo consistente en estar moitas horas seguidas coa única compaña do ordenador e como moito da radio, foi unha auténtica tortura. Laboralmente aprendía moito pero a soidade era inmensa. Por sorte pronto coñecín a un súper grupo de café que facía non solo que estivese desexando chegar a traballar senon que me animaban a saír, beber…las cosas de siempre (esto creo que era unha canción non?) .