Cando meu pai ve un pasteliño de masa follada con con mazá, é o primeiro que colle. Tratando de atopar a maneira de que puidese disfrutar de un pasteliño caseiro, naceu esta torta. É moi sinxela de facer, sobre todo porque o recheo non leva crema pasteleira.
Ingredientes
- 1 lámina de masa follada
- 2 mazás
- 1 bote leite condensado
- 3 ovos
Pasos
– Extender a lámina follada nun molde.
– Bater o leite condensado cos ovos e engadir a mestura ó molde
– Poñer as mazás cortadas en láminas encima da crema e meter no forno quentado a 200º
Recomendacións personais
-Para decorar a torta e que as mazás queden máis brillantes pódense pincelar con marmelada de melocotón ó sacar do forno.
-Outra opción é engadir xelatina incolora unha vez arrefriada a torta ou pintar a mazá con caramelo antes de meter no forno.
-Se se desexa pódese engadir canela.