• Inicio
  • Algunha cousiña sobre min…
  • Castellano

Receitas de Teixi

~ O meu blogue de receitas!

Tag Archives: biscoito

Bica blanca de Laza

29 Xoves Xan 2015

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

bica, biscoito, blanca, claras, Laza

bica

Pasados xa os propósitos de ano novo de seguir unha dieta, rota xa por varias veces a promesa de non volver a comer doce ata baixar os quilos que se subiron no nadal e co ambiente cheirando a entroido…creo que é o momento xusto para compartir esta receita.

Seguro que a estas alturas todos escoitástedes falar do entroido de Ourense…dese triángulo máxico formado por Verín-Xinzo-Laza. Se nunca pasástedes un entroido nestas localidades, recoméndovolo moito. Concretamente o de Laza ainda está na miña lista de pendentes…porque o de ir ó que eles chaman farrapada, onde a xente se lía a tirar farrapos todos embarrados e formigas vermellas axitadas con un pouco de vinagre…. ainda me sigue impoñendo algo de respeto. O que si coñezo bastante é o entroido de Xinzo, onde as rúas se enchen de ledicia, de música e de xente e onde non fai falla ir acompañado, porque con un bo disfraz…todos son amigos!!!!

Seguir lendo →

Bisocoito de chocolate para tartas

02 Venres Mai 2014

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos

≈ 1 comentario

Etiquetas

biscoito, receita, torta

DSC_0515

Un dos maiores problemas á hora de preparar unha torta é acertar co biscoito. Un biscoito demasiado aceitoso pode facerse forte, se é moi seco non estará moi bo e así un sen fin de problemas. Se a torta é para cubir de fondant…a cousa complícase, xa que os recheos para fondant non poden ser húmidos.

A busca do biscoito perfecto leva de cabeza a case todo o mundo. En cada blogue hai un biscoito que di ser infalible de base para tortas. O que publico hoxe é o biscoito de chocolate infalible de con un toque de azúcar. Non creo que sexa o biscoito de chocolate definitivo para as miñas tortas, pero sen dúbida dos que probei ata o momento é a mellor opción. Un biscoito firme e consistente, con moito sabor a chocolate, que soporta ben calquera tipo de recheo. Mentres sigo coa busca…aquí vos queda este!

Seguir lendo →

Biscoito de Baileys

03 Xoves Abr 2014

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

baileys, biscoito, galego, receita

DSC_0429

Cando vin a receita deste biscoito no blogue de kanela y limón, mostreime escéptica respecto ó sabor que podería ter un biscoito feito con esta bebida. Unha vez feito e probado, estou totalmente convencida de que se convertirá nun habitual no meu recetario. Ainda que o primeiro bocado resulta raro, polo intenso sabor a baileys; unha vez comido un anaco…o corpo pide máis. Está realmente bo!

Seguir lendo →

Torta castelo de princesas

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

biscoito, castelo, kit-kat, lacasitos, tarta

DSC_0155

Esta torta foi unha sorpresa moi especial para a miña princesa Rapunzel, tamén coñecida como a miña sobriña Ainhoa.  Comecei a facela sen ter moi claro se a idea sairía ben e aquí está o resultado. Miña sobriña estaba como loca coa súa torta de castelo, tanto que ata comeu un cachiño…que por certo estaba moi rico.

Ingredientes

1. Biscoito

  • 5 ovos
  • 150 gr de azucre
  • 100 gr de fariña
  • 50 gr de cacao en po

2. Almibre

  • 150 ml de auga
  • 100 ml de azucre
  • zume dunha laranxa

3. Decoración

  • Crema de moka
  • kit-kat de chocolate con leite
  • kit-kat de chocolate branco
  • lacasitos
  • galletas oreo de chocolate blanco
  • cornete de xeado

Pasos

1. Biscoito

– Montar os ovos co azucre ata obter unha crema branqueada e dobre o volumen.

– Mesturar con batedor de man a fariña e o cacao en po.

– Meter no forno a 200º ata que se cociñe o biscoito.

2. Almibre

– Poñer a auga e o azucre a ferver ata que se faga o almibre.

– Engadir o zume de laranxa.

3. Montar a torta

– Cortar o biscoito  pola metade.

– Poñer unha capa de moca (ver receita no link de ingredientes) ne metade do biscoito.

– Cubrir todo o biscoito coa crema de moka.

– Poñer as torres de galleta (montalas  derretindo o chocolate da parte superior para que sirva de pegamento).

– Poñer as tiras de kit-kat polos lados.

– Recubrir a cima da torta con lacasitos e  poñer os cornetos nas torres.

Biscoito de chocolate

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

bica, biscoito, chocolate

10092011204

Un deses días nos que unha ten antollo de chocolate, de repente lembra a súa avoa e un biscoito de chocolate moi esponxoso e con un sabor espectacular. Sabendo que xa non conto con miña avoa para preguntarlle pola receita, teño que botar man de internet e buscar un biscoito que poida asemellarse. O resultado non se parecía para nada ó daquel biscoito de miña avoa, pero é un biscoito sorprendente; moi xugoso e con moi bo sabor.

Ingredientes

  • 2oo gr de faiña
  • 150 gr de chocolate en po
  • 100 gr de azucre
  • 4 ovos
  • 1 sobre de de lévedo en po
  • 1 vaso de leite
  • 1 vaso de aceite

Pasos

– Botar todo nun recipiente e bater co batedor.

– Poñer nun molde de biscoito previamente untado con manteiga e enfariñado.

– Meter no forno previamente quentado a 200º ata que ó meter un palillo este saia sen masa.

Bica Mantecada

26 Martes Abr 2011

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

bica, biscoito, mantecada, manteiga, receita

Esta bica é típica da zona de castro caldelas. A receta “prestouma” miña irmá, e poño entre comiñas o de prestar porque realmente collín a receita polo meu propio pe un día que atopei o seu libro máxico de receitas. É un biscoito xugoso e perfecto para unha sobremesa ó máis puro estilo galego.

Ingredientes

  • 250 gr de manteiga
  • 500 gr de fariña
  • 500 gr de azucre
  • 7 ovos
  • 1 vaso de leite
  • 1 limón
  • 1 sobre de lévedo royal

Pasos

– Derreter a manteiga. Engadir o azucre e bater ata formar unha crema.

– Agregar os ovos, o leite, o zume de limón, a fariña e o lévedo e bater de novo ata que se integre toda a mistura.

– Poñer nun molde para biscoito (enmantecar e polvillar fariña no molde para que non se pegue) e polvillar con azucre a capa superior da masa. Enfornar a 180º ata que ó pinchar cun palillo o biscoito a masa non se pegue a el.

Artigos recentes

  • Trufas de voda
  • Madalenas de laranxa con pebidas de chocolate
  • Bica blanca de Laza
  • Tronco de coco de nadal
  • Palmeritas de despedida

Comentarios recentes

recetasdeteixi en Trufas de voda
mary en Trufas de voda
Silvia en New York Cheesecake
Silvia Fernandez en Bisocoito de chocolate para…
mary en Flan de queixo e leite co…

Arquivo

  • Setembro 2015
  • Marzo 2015
  • Xaneiro 2015
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Xullo 2014
  • Maio 2014
  • Abril 2014
  • Marzo 2014
  • Febreiro 2014
  • Xaneiro 2014
  • Decembro 2013
  • Maio 2013
  • Xuño 2011
  • Abril 2011
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010

Categorías

  • Biscoitos
  • Bombóns
  • cremas
  • Flans
  • Galletas
  • Postres
  • Roscas
  • Tortas

Receitas de teixi

RSS Feed

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Úneche a outros 3 subscritores

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Receitas de Teixi
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Receitas de Teixi
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...