Esta receita é moi especial para min. Cada vez que vexo este magnífico doce viaxo lnunha máquina do tempo a fai xa demasiados anos, ós días de noiteboa da miña máis tenra infancia. Actualmente, coa excusa de que a miñas sobriñas lles encanta este postre; miña nai faino habitualmente, pero cando eu era unha meniña estaba reservado para a noite de noiteboa.
Cada ano, coma se de un ritual se tratase espertabamos as tres moi cedo para poder axudarlle a miña nai a preparar a mellor cea que puidese existir. O primeiro que había que facer era o dulce de coco e as tres pelexabamos por ver quén facía qué. Antes de comezar o traballo, tocaba ir buscar aquela libreta desgastada na que miña nai anotaba as súas receitas. Sempre nos contaba a historia dun curso de repostería que fixera lembrandose tanto da mestra como da xente coa que estivera e do ben que o pasara.