• Inicio
  • Algunha cousiña sobre min…
  • Castellano

Receitas de Teixi

~ O meu blogue de receitas!

Tag Archives: galego

Boliños suizos

25 Venres Abr 2014

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

boliños, galego, receitas, suizos

DSC_0473

Sempre que teño un tempiño libre e unha computadora con acceso a internet, acabo caendo no vicio. Ese vicio raro que me leva a entrar en google e buscar se hai receita para algo que se me acaba de pasar pola cabeza, ou ese de entrar unha e outra vez nas páxinas que gardo como interesantes. Teño todo un sistema montado de marcadores en google chrome para as receitas que quero probar a facer e os blogues de repostería que sigo. E non é por casualidade o de telo en chrome…é simplemente porque así sincronizo todos os meus equipos coa conta de google e aparécenme os marcadores en todos os dispositivos que teño (que son varios…o vicio…xa se sabe).

Seguir lendo →

Biscoito de Baileys

03 Xoves Abr 2014

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

baileys, biscoito, galego, receita

DSC_0429

Cando vin a receita deste biscoito no blogue de kanela y limón, mostreime escéptica respecto ó sabor que podería ter un biscoito feito con esta bebida. Unha vez feito e probado, estou totalmente convencida de que se convertirá nun habitual no meu recetario. Ainda que o primeiro bocado resulta raro, polo intenso sabor a baileys; unha vez comido un anaco…o corpo pide máis. Está realmente bo!

Seguir lendo →

Madalenas de aceite (Mojicones)

21 Venres Mar 2014

Posted by recetasdeteixi in Biscoitos, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

galego, madalenas, mojicones, receita

DSC_0435

Cando miña irmá Elena (a maior) decide mercar algo para o almorzo, se se achega á zona das madalenas e ve as chamadas “mojicones”; é inevitable que traia para casa unha bolsa deses doces.Por este motivo, cando vin na páxina de Cocinando entre olivos a receita, non puiden evitar gardala para facerlla.

O que máis me chamou a atención desta receta é que non empregaba ningún molde especial para meter os papeis de magdalenas, simplemente os puña sobre a bandexa do forno e xa; algo que para quen non ten máis que 6 moldes de silicona para madalenas, ven moi ben.

Seguir lendo →

Empanada de mazá

04 Martes Feb 2014

Posted by recetasdeteixi in Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

doces, empanada, galego, mazá

DSC_0202

Nunca fun fan de outra empanada que non fose a de miña nai…e a de mazá en concreto non é unha das miñas preferidas…ou iso cría eu! O caso é que un día falando co  meu mozo díxome que lle encantaba a tarta de mazá e púxenme mans á obra a buscar unha receita de tarta, algo que de paso podería aprobeitar porque é o doce preferido de meu pai. Cando xa tiña a imaxe perfecta e ía a probar a facer a receta foi cando me especificou que con tarta quería dicir empanada. Co traballiño que eu levara a buscarlle a tarta ideal!!!! O caso é que unha decidido que ía facer un postre non ía quedar sen facer nada así que busquei unha receta de tarta que se adecuase ós ingredientes que tiña e así naceu a receta de hoxe. Dicir que esa primeira proba lle durou un día escaso do moito que lle soupo. Dende entón está xa gardada como parte do meu repertorio. 

Ingredientes

  • Dúas placas de masa follada
  • 3-4 mazás
  • 1 limón
  • canela
  • azucre
  • mantequilla
  • 1 ovo

Pasos

-Pelar as mazás, sacarlle o corazón e poñelas cortadas en anacos.

-Regar as mazas con zume de limón e engadirlle azucre e canela segundo o gusto de cada un. Remover e deixar macerar durante 10-15 minutos

-Estender unha lámina de masa follada sobre papel de forno (podemos aprobeitar o que ven envolvéndoa) e picala co garfo.

-Botar encima a mazá, sen aprobeitar moito o líquido de macerar e deixando un borde para a unión das dúas capas de masa.

-Poñer uns anacos de mantequilla pequenos encima da maza e a masa follada por enriba.

-Pechar a unión das dúas masas e picar de novo a superior co garfo.

-Pincelar  a empanada con ovo, polvoriñar con azucre por enriba e meter ó forno aquecido a 200º.

Trucos

-Se a textura que se busca do recheo é tipo compota cortaranse os anacos máis delgadiños, se pola contra nos gusta atopar anacos de mazá deberán ser un pouco máis grosos.

-Pódese cambiar totalmente o sabor da empanada cambiando o tipo de mazá empregada. Cambiar a típica golden por unha granny smith daralle un toque máis ácido á empanada.

Flan de pan bimbo

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Flans, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

bimbo, flan, galego, pan, receita

11112010128

Santi era o único neno da miña idade que había no meu pobo, motivo polo cal para min segue a ser coma un irmán. Pasamos toda a nosa infancia xuntos e ainda a día de hoxe cando nos vemos podemos pasar horas disfrutando o un da compaña do outro. Pois ben, este flan é unha receita de súa nai; polo que velo na miña casa (cando o fai miña nai) ou facelo tráeme lembranzas de tempos inesquecibles. Un gran postre sen lugar a dúbidas.

Ingredientes

  • 1 paquete de pan bimbo
  • 1 paquete de flan royal
  • licor cafe

Pasos

– Facer o flan royal segundo as instruccións.

– Caramelizar un molde e botar un pouco flan no fondo do molde.

– Poñer unha capa de pan de molde.

– Humedecer o pan de molde con licor café rebaixado en auga.

– Engadir máis flan.

– Seguir facendo capas ata rematar o flan.

– Deixar arrefriar e desmoldar ó día seguinte.

Galletas de coco

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Galletas, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

coco, fácil, galego, galletas, postre, receita

08112010119

Esta volve ser unha das receitas estrela de miña irmá. Dende que probei estas galletas namoreime delas polo sinxelas que son. Gústanlle a todo o mundo e poden facerse en moi pouco tempo, polo que son ideais para esas ocasións nas que se busca algo rápido e efectivo, xa que calquera cousa que teña que ir ó forno ou teña unha elaboración algo complicada…pode torcerse  xusto o día que queres que saia perfecto. 

Ingredientes

  • 1 paquete de galletas maría redondas
  • 250 gr de manteiga
  • 6 culleradas de azucre
  • 2 xemas
  • leite
  • cogñac
  • coco relado

Pasos

– Mesturar con un tenedor a manteiga coas 6 culleradas de azucre e as dúas xemas ata facer unha crema.

– Mollar as galletas en leite con un chorriño de cogñac.

– Facer un sandwich coas galletas remolladas e a crema.

– Unha vez feito o sandwich pasalo por coco relado.

Flan de chocolate blanco

16 Xoves Xuñ 2011

Posted by recetasdeteixi in Flans, Postres

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

branco, chocolate, flan, galego, receita

Dende o día que comecei a traballar en Santiago de Compostela o mellor día de todos foi aquel no que á hora de saír do traballo tiña 9 chamadas perdidas no móbil de Mari. Totalmente preocupada polo que lle puidese pasar, chameina inmediatamente e escoiteille dicir que saise  á entrada do traballo; lugar no que me esperaba co que daquelas era un gran amigo. Despois dese día as visitas deles dous convertíronse en frecuentes e a relación pasou de amizade a noivado. Juanlu, que así se chama o afortunado é un gran amante do chocolate blanco e esta receita é unha maneira de agradecerlle que me trouxese a Mari de visita. Sobra dicir que lle encantou…ATA LEVOU TUPPER!!!

Ingredientes

  • 1 litro de tona
  • 1 paquete de flan royal
  • 125 gr de chocolate branco

Pasos

– Poñer nunha pota a nata co chocolate troceado e o flan disolto nun vaso de leite.

– Poñer ó lume removendo de vez en cando ata que ferva e se disolva o chocolate.

– Poñer nun molde caramelizado.

Artigos recentes

  • Trufas de voda
  • Madalenas de laranxa con pebidas de chocolate
  • Bica blanca de Laza
  • Tronco de coco de nadal
  • Palmeritas de despedida

Comentarios recentes

recetasdeteixi en Trufas de voda
mary en Trufas de voda
Silvia en New York Cheesecake
Silvia Fernandez en Bisocoito de chocolate para…
mary en Flan de queixo e leite co…

Arquivo

  • Setembro 2015
  • Marzo 2015
  • Xaneiro 2015
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Xullo 2014
  • Maio 2014
  • Abril 2014
  • Marzo 2014
  • Febreiro 2014
  • Xaneiro 2014
  • Decembro 2013
  • Maio 2013
  • Xuño 2011
  • Abril 2011
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010

Categorías

  • Biscoitos
  • Bombóns
  • cremas
  • Flans
  • Galletas
  • Postres
  • Roscas
  • Tortas

Receitas de teixi

RSS Feed

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Únete a 3 seguidores máis

Blog en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Receitas de Teixi
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Receitas de Teixi
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Sign up
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...