Etiquetas
Fai uns días, meu pai falaba de doces cun amigo mentres comíamos; comentáballe que o cabelo de anxo é unha cabaza, e que a el lle gustaba moito. Eu miraba para el con cara rara…xa que meu pai o do doce non é algo que lle emocione. De repente el xirouse, mirou para min e comentoume o mesmo que lle dicía ó seu amigo. Non sei qué cara lle puxen, pero el creu necesario deixarme claro que lle gustaban os doces con cabelo de anxo. Repetiumo varias veces dicíndome gústame moito, de verdade, de verdade que me gusta moito.
Esta semana pasada o pobre púxose maliño, con un lumbago que o traía doblado de todo; por iso o sábado antes de ir a casa a velos, decidín comprar un bote de cabelo de anxo e un par de láminas de masa follada (que tamén lle gusta moito e é o complemento ideal de calquera postre), para mimalo un pouco. Con unha das placas fixen panos e coa outra unha trenza. O resultado quedou un pouco torrado, pola complicación que supón usar o forno de gas butano. Tanto a meu pai como a toda a familia nos encantou o doce. Outro postre sinxelo, rápido e exquisito para engadir á colección.