• Inicio
  • Algunha cousiña sobre min…
  • Castellano

Receitas de Teixi

~ O meu blogue de receitas!

Tag Archives: tarta

Torta xeada de Wisky

18 Venres Xul 2014

Posted by recetasdeteixi in Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

tarta, wisky, xelado

20140608_015526
Todos os anos, miña irmá Elena e máis eu inauguramos o comezo do verán coas festas na Valenzá. Esta urbanización na que ela ten o seu piso e na que eu vivín durante varios dos anos máis felices da miña vida, celebra as festas na honra a San Bernabé…iso ven caendo polo 10 de xuño máis ou menos.

O ritual de todos os anos consiste en invitar a toda a familia a comer á súa casa…e traballar arreo para ofertarlles unha boa paparota antes de ir disfrutar do programa das festas.

Cada ano inventamos algo novo e como ven moita xente e a ela lle gusta ter variedade ata na sobremesa, aprobeito para facer cousas novas para o postre. Este ano tocoulle á famosísima torta xeada de wisky, unha receita que atopei no blogue Atrapada en mi cocina e que me encantou.

Seguir lendo →

Torta castelo de princesas

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

biscoito, castelo, kit-kat, lacasitos, tarta

DSC_0155

Esta torta foi unha sorpresa moi especial para a miña princesa Rapunzel, tamén coñecida como a miña sobriña Ainhoa.  Comecei a facela sen ter moi claro se a idea sairía ben e aquí está o resultado. Miña sobriña estaba como loca coa súa torta de castelo, tanto que ata comeu un cachiño…que por certo estaba moi rico.

Ingredientes

1. Biscoito

  • 5 ovos
  • 150 gr de azucre
  • 100 gr de fariña
  • 50 gr de cacao en po

2. Almibre

  • 150 ml de auga
  • 100 ml de azucre
  • zume dunha laranxa

3. Decoración

  • Crema de moka
  • kit-kat de chocolate con leite
  • kit-kat de chocolate branco
  • lacasitos
  • galletas oreo de chocolate blanco
  • cornete de xeado

Pasos

1. Biscoito

– Montar os ovos co azucre ata obter unha crema branqueada e dobre o volumen.

– Mesturar con batedor de man a fariña e o cacao en po.

– Meter no forno a 200º ata que se cociñe o biscoito.

2. Almibre

– Poñer a auga e o azucre a ferver ata que se faga o almibre.

– Engadir o zume de laranxa.

3. Montar a torta

– Cortar o biscoito  pola metade.

– Poñer unha capa de moca (ver receita no link de ingredientes) ne metade do biscoito.

– Cubrir todo o biscoito coa crema de moka.

– Poñer as torres de galleta (montalas  derretindo o chocolate da parte superior para que sirva de pegamento).

– Poñer as tiras de kit-kat polos lados.

– Recubrir a cima da torta con lacasitos e  poñer os cornetos nas torres.

Simulacro de tiramissu

05 Domingo Mai 2013

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

cumpreanos, fácil, receitas, tarta, tiramissu

DSC_0165

Esta é a tarta por excelencia para cando se precisa algo rápido. De feito esta concretamente foi un regalo para a miña compañeira de piso. Chegou un día dicindo que ía facer unha pequena reunión con amigas e con nós por mor do seu aniversario, tiña todo preparado excepto a tarta. O seguinte que fixen foi ir ó súper e coller todo o que precisaba para montar esta tarta. O resultado quedou moi bonito e ela quedou contentísima. Unha receita única para tartas express. Tendo os ingredientes está lista en media hora.

Ingredientes

  • 1 paquete de galletas cuadradas
  • 500 ml de tona
  • café
  • wisky
  • cogñac
  • azucre
  • nubes
  • flores de decoración
  • birutas de chocolate

Pasos

– Facer unha mistura con unha medida de café e a metade da medida de wisky e cogñac. Engadir azucre e remexer.

– Montar a tona e engadirlle azucre ó gusto.

– Mollar as galletas na mistura de café e facer unha placa do tamaño desexado.

– Poñer unha capa de tona.

– Alternar capas de galletas e tona ata a altura desexada.

– Decorar con birutas de chocolate, flores de decoración e nubes de azucre.

Torta 3 chocolates de queixo

26 Martes Abr 2011

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

chocolates, queixo, receita, tarta, tres

Ingredientes

  • 200 gr de galletas de chocolate
  • manteiga derretida
  • 4 follas de xelatina incolora
  • 200 ml de nata
  • 600 gr de queixo philadelphia
  • 2-3 culleradas de azucre
  • 100 gr chocolate negro
  • 100 gr chocolate con leite
  • 100 gr chocolate branco

Pasos

– Triturar as galletas, mesturalas coa manteiga derretida e un chorriño de leite. Cubria a base dun molde desmontable coa mistura.

– Abrandar a xelatina en auga fría.

– Bater a nata ata que quede firme.

– Bater o azucre co queixo ata obter unha crema suave. Engadir a nata e bater de novo.

– Escorrer a xelatina. Engadir tres culleradas sopeiras do preparado anterior e poñer ó lume ata que a xelatina se derreta. Engadir a crema restante e remezclar.

– Dividir a crema en tres partes. A cada parte engadirlle un dos chocolates, previamente derretidos ó baño maría.

– Poñer culleradas das tres cremas sobre a base de galletas ata que se acaben. Alisar a superficie e meter no frigorífico.

Torta 3 chocolates

23 Martes Nov 2010

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

chocolates, fácil, rápida, tarta, tres

Adoro o chocolate! Para min non existe antollo de doce que non conteña algo de chocolate. Agora será cando a xente diga…a todo o mundo lle gusta o chocolate. Crédeme cando vos digo que non a todo o mundo…existe xente rariña por ahí que non disfruta deste placer de deuses. Este non é o caso do mozo da miña gran amiga Tania. A el encántalle o chocolate e é un dos máis ferventes admiradores dos meus postres. O nome deste blog ven un pouco a causa del, así como o motivo para facer esta tarta. El quería unha tarta con extra de chocolate e esta superou as súas expectativas e as de todo o grupo.

Respecto ó do nome do meu blog, resulta que un dos meus grupos de amizades chámanme de apelativo cariñoso Teixi. Por qué teixi? Pois porque é o diminutivo de Teixeira, o meu marabilloso pobo. Sempre falo do meu pobo e inchaseme o peito, porque é o máis bonito e o máis mellor do mundo; de ahí que usasen o meu diminutivo. Este blog naceu para evitar quedar con eles, levar un postre e pasar dez minutos copiandolle a receta a todos. Un día pensei que se creaba un blog, eles poderían acceder e eu podería ter unha compilación de receitas da que botar man. E aquí estamos…tentando sacar este proxecto adiante.

Ingredientes

  • 3 sobres de callada
  • 250 gr de chocolate negro/fondant
  • 250 gr de chocolate con leite
  • 250 gr de chocolate branco
  • 750 ml  de nata
  • 750 ml de leite
  • 150 gr de azucre
  • 1 paquete de galletas maría
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 chorriño de leite

Pasos

– Triturar as galletas coa manteiga derretida e o chorriño de leite.. Cubrir a base dun molde desmontable coa mistura.

– Poñer nun cazo 250 ml de leite, 250 ml de nata,  250 gr de chocolate negro, 75 gr de azucre e un sobre de callada. Ferver  a mistura remexendo para que non se pegue. Engadir ó molde.

– Repetir a operación cos outros dous chocolates tendo en conta que a mistura de chocolate branco non leva azucre. Botar cada capa unha vez callada a anterior.


Torta de Mazá

28 Xoves Out 2010

Posted by recetasdeteixi in Postres, Tortas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

fácil, mazá, tarta

tarta_manzana

Cando meu pai ve un pasteliño de masa follada con con mazá, é o primeiro que colle. Tratando de atopar a maneira de que puidese disfrutar de un pasteliño caseiro, naceu esta torta. É moi sinxela de facer, sobre todo porque o recheo non leva crema pasteleira.

Ingredientes

  • 1 lámina de masa follada
  • 2 mazás
  • 1 bote leite condensado
  • 3 ovos

Pasos

– Extender a lámina follada nun molde.

– Bater o leite condensado cos ovos e engadir a mestura ó molde

– Poñer as mazás cortadas en láminas encima da crema e meter no forno quentado a 200º

Recomendacións personais

-Para decorar a torta e que as mazás queden máis brillantes pódense pincelar con marmelada de melocotón ó sacar do forno.

-Outra opción é engadir xelatina incolora unha vez arrefriada a torta ou  pintar a mazá con caramelo antes de meter no forno.

-Se se desexa pódese engadir canela.

Artigos recentes

  • Trufas de voda
  • Madalenas de laranxa con pebidas de chocolate
  • Bica blanca de Laza
  • Tronco de coco de nadal
  • Palmeritas de despedida

Comentarios recentes

recetasdeteixi en Trufas de voda
mary en Trufas de voda
Silvia en New York Cheesecake
Silvia Fernandez en Bisocoito de chocolate para…
mary en Flan de queixo e leite co…

Arquivo

  • Setembro 2015
  • Marzo 2015
  • Xaneiro 2015
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Xullo 2014
  • Maio 2014
  • Abril 2014
  • Marzo 2014
  • Febreiro 2014
  • Xaneiro 2014
  • Decembro 2013
  • Maio 2013
  • Xuño 2011
  • Abril 2011
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010

Categorías

  • Biscoitos
  • Bombóns
  • cremas
  • Flans
  • Galletas
  • Postres
  • Roscas
  • Tortas

Receitas de teixi

RSS Feed

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Úneche a outros 3 subscritores

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Receitas de Teixi
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Receitas de Teixi
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...