Hai veces que como diría miña nai…xúntase todo!!! E é que este ano no so se xuntou o entroido co día dos namorados, dia no que fai xa 10 anos naceu miña sobriña Ainhoa…tamén apareceu por sorpresa e sen ser invitado…un catarro deses que fan historia.
Dous días antes do 14 de febreiro espertei con dor de gorxa e compadecéndome de min mesma por ter que traballar un xoves de comadres. Eu, que tiña reservada a miña semaniña de días do 2014 para disfrutar do entroido…e co cambio de empresa quedei sen nada!!!! Ó longo da mañá, á dor de gorxa engadiuselle unha sensación de febre e nas dúas semanas seguintes fun sumando síntomas como a tose ou a conxestión nasal ata o venres pasado; no que farta xa de remedios caseiros e de acudir á farmacia para que me desen medicación que non me facía nada, acudín ó centro de saude onde a miña médica me deu xa outro tipo de drogas algo máis duras.
A pesar do maliña que estaba, estas semanas foron máis reposteiras do que o meu corpo me permitía; pois prometéralle a miña sobriña que este ano ía levar ó cole galletas decoradas polo seu cumpleanos…e o prometido é débeda. Así que o venres púxenme a facer unha fornada de galletas e entre venres e sábado monteilles a decoración. Pese ó traballo que me deron…ver a cara de ilusión de miña sobriña e escoitarlle presumir de que todos os profesores quixeran unha galleta e do boísimas que estaban…fixo que merecese a pena o esforzo. A verdade é que lle gustaron moito…e non me diredes que non están ben chuliñas!!! (A receita da masa deixareivola un día destes…)
Para a celebración do cumpleanos do domingo…tocaba preparar tarta…e como agora a etapa na que as nenas rechazan a temática infantil chega tan rápido…decidín decorarlle a súa tarta con algo que estaba segura lle ía encantar…UN ZAPATO DE TACÓN!!! A todas nos gustaba ser maiores e probar os tacóns da nosa nai…pero o desta rapaza é xa unha obsesión…tanto que este ano pediulle ós reis uns propios para que súa nai non lle rifase por coller os dela. Como vedes na imaxe…a tarta tamén foi un reto superado nestes días… reto que obtivo a seguinte crítica:
-Tia..non me gusta…ENCÁNTAME!!!
Despois deste fin de semana…pasou unha longa semana, un curto fin de semana e outra semana máis rodeada de cleenex, xarabes, mel, limón, sofá e mantas. Prácticamente cada segundo libre paseino descansando porque non podía co meu corpo, ata o xoves pasado no que aproveitei unha pequena tregua para facer estas madalenas, que foron o condimento ideal para a dopaxe que me esperaba o fin de semana.
A receita está sacada do blogue “Mis deseos más dulces” e é desas receitas sinxelas e moi resultonas. Teño que engadir que a min non me gusta moito a laranxa e menos mesturada con chocolate…pero o resultado non estaba nada mal…de feito non chegaron ó domingo!!!
Ingredientes:
- 310 gr de fariña
- 180 gr azucre
- un sobre de lévedo tipo royal
- 2 iogures tipo grego
- 80 gr de aceite de xirasol
- 2 ovos
- 4 culleradas de leite
- esencia de laranxa
- 150 gr de pebidas de chocolate
Pasos:
-Poñemos nun recipiente todos os ingredientes menos as pebidas de chocolate e batemos ata integralos.
-Engadimos as pebidas e mesturamos cunha culler. Podemos deixar algunhas para poñer por enriba da masa.
-Deixamos repousar a masa no frigorífico unha hora ou no conxelador mentres quenta o forno.
-Unha vez temos o forno a 200º, botamos a masa nas cápsulas de madalenas; que deberán estar dentro de moldes individuais ou bandexas para madalenas (para que saia o copete na madalena e non se abra a cápsula co peso da masa). Botamos 2/3 da capacidade da cápsula e se reservamos pebidas para decorar, poñémolas por enriba da masa.
-Metemos as madalenas no forno e baixamos a temperatura a 180º. Deixamolas ata que ó picar con un escarvadentes este saia limpo de masa.