flanQueixo

Que se fai cando se atopa algo na despensa… como por exemplo un bote de leite condensado que nin sequera se lembra que se comprase algunha vez? O primeiro pensar que iso está caducado fixo!!! Unha vez que se comproba que os señores do leite condensado se comportaron como debían e puxeron a caducidade para un mes despois da data na que atopamos a lata…procedemos a buscar recetas para consumir xa o producto. Despois de varias horas de busca e de infinidade de receitas nas que me faltaba algún ingrediente…dei coa receita deste flan que de paso me sacaba tamén do medio esa tarrina de queixo de untar que vin no frigorífico.

O resultado é un flan doce e con un sabor lixeiro digno da sobremesa de calquera comida de domingo en familia. Espero que vos guste.

Ingredientes:

  • 3 ovos
  • 1 Terrina de queixo de untar
  • 1 Bote de leite condensado
  • 300 ml de leite.
  • Caramelo Líquido para a forma.

Pasos

-Bater ben os ovos ata que formen escuma.

-Engadir o leite condensado, o leite e o queixo de untar e bater ben ata que non queden grumos.

-Botar nunha forma con caramelo e meter ó forno a 180º, a baño maría durante uns 40 minutos.

-Quitar do molde unha vez arrefriado.